Provincia de Shimotsuke
Shimotsuke (下野国, しもつけのくに, Shimotsuke-no-kuni ou 下野, しもつけ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a prefectura de Tochigi, historicamente na parte Tōsandō (東山道), actualmente na rexión de Kantō, na illa de Honshū.
Shimotsuke limitaba coas provincias de Kōzuke (上野), Musashi (武蔵), Shimōsa (下総), Hitachi (常陸) e Mutsu (陸奥).