Branca Trigo Cabaleiro
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de marzo de 1997 Vigo |
| Educación | Universidade de Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora, editora |
| Familia | |
| Pai | Ramón Alberto Trigo Alonso |

Branca Trigo Cabaleiro, nada en Vigo o 16 de marzo de 1997,[1] é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no CEP Santa Tegra de Vigo e graduouse en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios na Universidade de Vigo. Canda Alfredo Vázquez, codirixe Edicións Malafera.
Publicou os seus libros Coñecemento do Medo, trans0 e Mundo Carne en Edicións Malafera. O seu segundo poemario, Condolore, viu a luz no ano 2022 da man da editora Urutau. Organiza xunto con outros autores o micro aberto Cerimonia de gaivotas e participou en diversas publicacións colectivas coma o volume A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023), a Antoloxía biosbarda para Parche (ruín alteredicións, 2023) e a antoloxía LGBTQIA Alguén nos lembrará (Xerais, 2023).
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Coñecemento do medo (2021). Malafera. ISBN 978-84-09-28815-1[2]
- Con do lore (2022). Editorial Urutau. ISBN 978-65-5900-384-6[3]
- trans0 (2024). Malafera. ISBN 978-84-12-79871-5
- Mundo Carne (2025). Malafera. ISBN: 978-84-127987-4-6
Fanzine
[editar | editar a fonte]- Sagrado corazón de Бáба Ягá (2021). Malafera.
- Ω (2023). Malafera.[4]
- O ser e o nervio (2023). Malafera.
- Mandrágora (2025). Malafera.
Álbum ilustrado
[editar | editar a fonte]- La cosa negra que pasó por mi ventana (2007). (Lóguez ediciones. ISBN 978-84-96646-10-0[5]
Antoloxías da súa obra
[editar | editar a fonte]- Vomitei Deus. Antología bilingüe (2025). Eolas Ediciones. ISBN 979-13-87753-52-8
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (2023). Xerais. ISBN 9788411103589[6]
- Antoloxía biosbarda para Parche (2023). ruín alteredicións. ISBN 978-84-09-46768-6
- A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (2023). Catroventos. ISBN 978-84-124635-6-9
- Gótico urbano (2024). Horror Vacui. ISBN : 978-84-123310-9-7
Premios
[editar | editar a fonte]- 2009: Premio Literario Escolar Caixanova na categoría de terceiro ciclo de primaria polo traballo Sara y Saray.[7]
- 2019: Terceiro posto no Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro coa obra O heroe de vidro.[8]
- 2021: Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo na modalidade de poesía.[9]
- 2021: Terceiro premio no Díaz Jácome de poesía.
- 2022: XIX Certame literario Concello de Ames, categoría +18.[10]
- 2025: XVIII Premio de Poesía Concello de Carral pola obra Especies invasoras. Segundo o xurado “un libro de poemas que explora de xeito radical a identidade, o desarraigo e a violencia estrutural”, facendo emprego da metáfora da invasión biolóxica para abordar temas como o corpo, a casa e a memoria.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 26-4-1997, p. 34.
- ↑ "Coñecemento do medo". Malafera. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2021. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Con do lore". Editora Urutau. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Zinesfera". malafera.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "La cosa negra que pasó por mi ventana". loguezediciones.es (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+". biblosclube.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ La Voz de Galicia, 20-6-2009, p. 51.
- ↑ Redacción (23 de novembro de 2019). "Mondoñedo acogió la entrega de premios de poesía Manuel Leiras Pulpeiro". diariodelemos.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ DUVI Ourense (13 de maio de 2021). "Coa palabra, coa música e coa fotografía, unha homenaxe a Xela Arias". Universidade de Vigo. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "O Milladoiro acolleu o acto das Letras Galegas no que se entregaron os premios do XIX Certame literario Concello de Ames". Concello de Ames. 2022-05-13. Consultado o 2025-05-10.
- ↑ "A viguesa Branca Trigo Cabaleiro, vencedora do Premio de Poesía Concello de Carral". La Voz de Galicia. 2025-05-09. Consultado o 2025-05-09.