Premio Ramón Cabanillas de Tradución
Aparencia
O premio Ramón Cabanillas de Tradución foi un galardón literario[1] creado pola Xunta de Galicia en 1989[2] (dotado con 500.000 pesetas[3]) e cancelado en 1996 por "desinterese dos responsables da Administración autonómica".[4]
Algúns gañadores do premio foron Benigno Fernández Salgado polo Diario de Eva de Mark Twain (Positivas, 1992) ou Xela Arias por O derradeiro dos mohicanos (Xerais, 1993).
Gañadores
[editar | editar a fonte]Edición | Ano[5] | Tradutor | Obra | Autor |
---|---|---|---|---|
Primeira | 1989 | Gonzalo Navaza | O can dos Baskerville | Arthur Conan Doyle |
Segunda | 1990 | Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze | O ponche dos desexos | Michael Ende |
Terceira | 1991 | Valentín Arias | O estranxeiro | Albert Camus |
Cuarta | 1992 | Xavier Rodríguez Baixeras | O deserto dos tártaros | Dino Buzzati |
Quinta | 1993 | Benigno Fernández Salgado | Diario de Eva | Mark Twain |
Sexta | 1994 (ex-aequo) | Xela Arias Darío Xohán Cabana |
O derradeiro dos mohicanos Vida nova |
James Fenimore Cooper Dante Alighieri |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Análise da tradución literaria cara ao galego. Fitos e tendencias nos primeiros anos do século XXI" por Ana Luna Alonso en Lingua e Tradución IX Xornadas sobre Lingua e Usos, Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, 2013.
- ↑ Orde do DOG nº 120 do 23/06/1989.
- ↑ DOG Arquivado 12 de marzo de 2017 en Wayback Machine. do 22 de febreiro de 1993. p.5.
- ↑ Concha M. Mayo "Recensión de Viceversa, Revista galega de traducción" Arquivado 08 de xullo de 2017 en Wayback Machine. Cadernos de Lingua: primeiro semestre de 1997, p. 155, Real Academia Galega.
- ↑ Refírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente.