Ana Luna Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ana Luna Alonso, nada en Lugo, é unha profesora do departamento de tradución e lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Románica e doutorouse en filoloxía francesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É investigadora titular do grupo BiTraGa (A Biblioteca da Tradución Galega) e participa en diferentes proxectos como XESCOM e CULTURFIL da USC, EACT da UAB ou CRET da UB.

Entre as súas actividades sobre a tradución inclúe estudos socioculturais sobre as linguas minorizadas, a historia da tradución e das persoas que traducen, o estudo dos fluxos de tradución e as políticas de tradución editorial.

Publicacións[editar | editar a fonte]

É coeditora de monografías como:

  • Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega. (Peter Lang, 2015)
  • La traducción literaria: nuevas investigaciones (Comares, 2016)