Portal:Ourense/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal Ourense:

1[editar a fonte]

A esmorga é unha novela tremendista escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario. O libro foi traducido a varias linguas. A acción desenvólvese na cidade de Auria, representación de Ourense, con diversas referencias a espazos ourensáns reais.

A obra foi levada ao cine en dúas ocasións, a primeira delas co título de Parranda en 1977, con dirección de Gonzalo Suárez e guión do propio Blanco Amor; e a segunda, estreada no Festival de Cine Internacional de Ourense o 15 de novembro de 2014 co título A esmorga, con dirección de Ignacio Vilar.

Tamén foi levada ao teatro en diversas ocasións. O grupo ourensán Sarabela Teatro realizou sendas montaxes en 1996 e 2010, sobre a adaptación que escribiron os dramaturgos Begoña Muñoz e Carlos Couceiro. Ambas as dúas montaxes recibiron premios María Casares de teatro.


2[editar a fonte]

O Club Ourense Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Ourense Provincia Termal, é un club de baloncesto profesional da cidade de Ourense (Galicia). Fundado en 1979 e ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1988, na que competiu dez tempadas, nove delas consecutivas, ocupando a 32ª posición na clasificación histórica de clubs. Na tempada 2002-03 o equipo participou na FIBA EuroCup Challenge, milita na segunda categoría, a Liga LEB.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor azul celeste e laranxa cun pantalón da mesma cor. A súa pista de xogo é o Pazo Paco Paz, tamén sede oficial do club, e que conta con capacidade para máis de 5.000 espectadores. O seu actual presidente é Antonio Gavilanes. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, así como con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades.

Entre os títulos do equipo salientan cinco Copas Galicia e unha Copa Príncipe de Asturias conquistada en Granada na tempada 1999-2000.


3[editar a fonte]

La Región é un xornal galego en lingua castelá publicado en Ourense. O primeiro número do jornal saíu á rúa o 15 de febreiro de 1910 e segue a distribuírse na actualidade.

Conta con seccións dedicadas ás noticias locais das comarcas de Allariz, Baixa Limia, O Carballiño, Celanova, A Limia, Monterrei, Ourense, O Ribeiro e Valdeorras entre outras. Complétase con seccións centradas no resto de Galicia, España, o estranxeiro, Deportes, Economía, Cultura e Sociedade. Ademais conta con delegacións noutras localidades como Verín, Ribadavia, Santiago de Compostela e Madrid.

Segundo o día da semana inclúe suplementos centrados en distintos temas, por exemplo deportes, motor, educación, pasatempos, agricultura e sociedade.

O actual director é Xose Pastoriza Martínez, e Oscar Outeiriño Vila o seu editor.


4[editar a fonte]

Portal:Ourense/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:Ourense/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:Ourense/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:Ourense/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Ourense/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Ourense/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Ourense/Artigo destacado/10