Paradise Lost

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O paraíso perdido»)

Paradise Lost
Autor/aJohn Milton
OrixeInglaterra
Lingualingua inglesa
EditorialSamuel Simmons
Data de pub.1667
editar datos en Wikidata ]


Paradise Lost (en galego O paraíso perdido) é un poema narrativo de John Milton (1608-1674), considerado como un clásico da literatura inglesa, e que deu orixe a un tópico literario moi espallado na literatura universal. Supera os 10.000 versos escritos sen rima.[1] O poema é unha epopea sobre o tema bíblico da caída de Adán e Eva. Trata, fundamentalmente, do problema do mal e o sufrimento no sentido de responder á pregunta de por que un Deus bo e todopoderoso decide permitilos cando lle sería doado evitalos.

Milton responde a través dunha descrición psicolóxica dos principais protagonistas do poema: o demo, Deus, Adán e Eva, cuxas actitudes acaban por revelar a mensaxe esperanzadora que se atopa trala perda do paraíso orixinal. No poema, o ceo e o inferno representan estados de ánimo antes que espazos físicos.

A obra comeza no inferno (descrito mediante referencias á permanente insatisfacción e desesperación dos seus habitantes), dende onde Satanás (definido polo sufrimento) decide vingarse de Deus de forma indirecta, isto é, a través dos seres recentemente creados que viven nun estado de ledicia permanente.

Estrutura[editar | editar a fonte]

O Demo, o protagonista principal do Paraíso Perdido, debuxado por Gustave Doré.

Presentación de Satanás[editar | editar a fonte]

Ao comezo do poema exponse o seu asunto: a caída do home no pecado. Tras isto, nárrase a historia de Satanás, o máis fermoso dos anxos, que antes da creación do mundo encabezou unha rebelión de anxos contra Deus, polo cal este expúlsalle a el e ao seu séquito do Ceo e os condena a permanecer nun lugar terrible chamado Inferno. Alí, Satanás arenga aos seus fieis para vingarse de Deus, pero non coa forza, senón a través da astucia e o engano. E para iso dispón que se empregue a unha futura criatura súa, o home:

-¡Oh, milleiros de espíritos inmortais!! ¡Oh, potestades a quen só pode igualarse o Todopoderoso! Aquel combate non careceu de gloria, por máis que o seu resultado fose unha desfeita, como atestíguano esta mansión e este terrible cambio que eme odioso expresar. [...] De hoxe máis, xa coñecemos o seu poder como coñecemos o noso, de xeito que non provoquemos nin fuxamos con temor a calquera guerra que se nos provoque. O mellor partido que nos queda é o de empregar as nosas forzas nun segredo designio: o de obter por medio da astucia e do artificio o que a forza non acadou, a fin de que en diante saiba polo menos que un inimigo vencido pola forza só é vencido a medias.

Adán, Eva e a árbore do coñecemento do Ben e do Mal[editar | editar a fonte]

Albrecht Dürer, 1507.

Satanás encárgase de ir el só a descubrir o novo mundo; Deus veo e ensínallo ao seu Fillo, ao que lle explica que o home vai ser culpable, polo cal o Fillo preséntase voluntario para expiar coa súa morte o pecado do home. Satanás explora o novo mundo, que é descrito ao lector, e pescuda onde está a morada do home, a nova creación divina. Alí contempla, admirado, a perfección da súa forma, e pescuda a prohibición que pesa sobre Adán e Eva, primeiros seres humanos, para comer o froito do árbore do coñecemento do ben e do mal.

Adán, o primeiro dos homes, ao dirixir estas frases a Eva, a primeira das mulleres, fixo que Satanás aguzara os oídos pra escoitares as palabras daquela nova lingua:

-¡Oh, a miña doce compañeira, única con quen comparto todos estes praceres, e a quen amo máis cá eles!

Preciso é que o poder que nos fixo, e que fixo pra nós este vasto mundo, sexa infinitamente bo, tan xeneroso como bo, e así mesmo tan liberal na súa bondade como infinito. El sacounos do po e colocounos aquí, no medio de toda esta felicidade, cando pola nosa banda non merecemos nada da súa man, nin podemos facer nada de que poida El ter necesidade: non esixe de nós outra cousa que un só deber, unha doada obrigación; que de todas cantas árbores producen no paraíso froitos variados e deliciosos, absteñámosnos unicamente de tocar a árbore do coñecemento do ben e do mal, plantada preto da árbore da Vida: ¡tan preto da vida medra a morte! ¿E que é a morte? Algunha cousa terrible, sen dúbida; porque, como ti non ignoras, Deus dixo que tocar a árbore do coñecemento do ben e do mal é o mesmo que morrer. Esta é a única proba de obediencia que nos impuxo entre tantas facultades de poder e soberanía como nos conferiu.

Adán e Eva desobedecen a Deus[editar | editar a fonte]

Deus, atento ao que sucede no paraíso, envía ao arcanxo Rafael para exhortar a Adán e Eva á obediencia e previrlles da trama de Satanás; ademais, conta con detalle da historia do anxo caído. Satanás volveu ao paraíso en forma de serpe, e cando atopa a Eva soa, explícalle que ten o don de falar grazas ao froito dunha árbore. Conduce a esa árbore a Eva, que recoñece a árbore do coñecemento do ben e do mal; con argucias e mentiras fomenta dúbidas en Eva:

-En resumo, ¿que é o que prohíbenos coñecer? ¿Prohíbenos o ben, prohíbenos ser sabios?... Semellantes prohibicións non deben ligarnos... Pero se a morte rodéanos coas últimas cadeas, ¿de que nos servirá a nosa liberdade interior? O día en que cheguemos a comer dese irmán froito morreremos; tal é a nosa sentenza... ¿morreu, por ventura, a serpe? comeu, e vive, e coñece, e fala, e raciocina, e discerne, cando ata aquí era irracional. ¿Non sería inventada a morte máis que para nós sós? ¿Ou será que ese alimento intelectual que se nos nega estea reservado soamente ás bestas? Pero o único animal que foi o primeiro en probalo en lugar de mostrarse avaro del, comunica con gozo o ben que lle coubo, cal conselleiro non sospeitoso, amigo do home e incapaz de toda decepción e de todo artificio. ¿Que é, pois, o que temo? ¿Seica sei o que debo facer na ignorancia en que me atopo do ben e do mal, de Deus ou da morte, da lei ou do castigo? Aquí medra o remedio de todo; ese froito divino, de aspecto agradable, que halaga o apetito, e cuxa virtude comunica a sabedoría. ¿Quen me impide que o colla e alimente á vez o corpo e a alma?

Dicindo isto, a súa man temeraria esténdese en hora infausta cara ao froito: ¡arríncao e cómeo! A Terra sentiuse ferida; a natureza, conmovida ata os seus alicerces, laia a través de todas as súas obras e anuncia por medio de sinais de desgraza que todo estaba perdido.

A culpable serpe ocúltase nunha matogueira, e ben puido facelo; porque Eva, embebecida completamente na froita, non miraba outra cousa. Parecíalle que ata entón non probara nada tan delicioso; xa porque o seu sabor fose realmente así, ou porque imaxinárao na súa esperanza dun coñecemento sublime; a súa divindade non se apartaba do seu pensamento. Avidamente e sen reserva devoraba a froita ignorando que tragaba a morte. Satisfeita ao fin, exaltada, cal se o fose polo viño, alegre e xoguetona, plenamente satisfeita de si mesma, falou desta sorte:

-¡Oh, raíña de todas as árbores do paraíso, árbore virtuosa, fermosa, cuxa bendita operación é a sabedoría!

Expulsión do paraíso[editar | editar a fonte]

Despois de probares a froita, Eva doulla a Adán para que el tamén a probase. Adán, malia reprocharlle a Eva a súa desobediencia, come da froita, porque o seu amor por Eva fai que queira compartir a súa sorte.

Ao coñecer Deus a caída no pecado de desobediencia das súas criaturas, enviou ao arcanxo Miguel para que lles comunicase a súa expulsión do paraíso e que Deus aceptaba as súpricas que lle fixera Adán de pospoñer a súa morte. Antes da expulsión definitiva, Miguel explica á parella o futuro e destino da humanidade, dominado polo esforzo e o sufrimento por mor do seu pecado orixinal, e móstralles o mundo que van morar eles e os seus descendentes:

Do costado de Miguel pendía, como un rechamante zodíaco, a espada, terror de Satanás, e na súa man levaba unha lanza. Adán fíxolle unha profunda reverencia; Miguel, no seu ergueito continente, non se inclinou, senón que explicou desde a súa vida, deste xeito: -Adán, ante a orde suprema dos ceos, é superfluo todo preámbulo; bástacje saber que foron escoitados os teus rogos e que a morte que debías sufrir, segundo a sentenza, no intre mesmo da túa falta, verase privada de apoderarse de ti durante os moitos días que se che conceden pra que poidas arrepentirte e resarcir por medio de boas obras un acto culpable. Entón será posible que, aplacado o teu Señor, che redima completamente das avaras reclamacións da morte. Pero non permite que habites por máis tempo este paraíso; vin para facerche saír del e enviarche fóra deste xardín a labrar a terra da que fuches sacado e o chan que máis che convén.

Recibimento[editar | editar a fonte]

O Paraíso perdido tivo unha importante recepción. Nel baseouse Gottfried Van Swieten para escribir o texto que serviría de base á composición de A Creación de Joseph Haydn, un importante oratorio que recolle a primeira parte do texto de Milton. Remata coa creación de Adán e Eva e as súas loanzas a Deus, sen presentar os episodios posteriores que levarán á perda do Paraíso.

Por outra banda, a conveniencia de traducir ou non este texto xerou un importante debate na Ilustración en alemán. Así, mentres os ilustrados máis estritos, como Johann Christoph Gottsched opoñíanse a iso, por tratarse dun texto cheo de elementos sobrenaturais e fantasiosos, os ilustrados suízos Johann Jakob Bodmer e Johann Jakob Breitinger van avogar pola súa tradución, admirando a forza do texto. Tamén os prerrománticos como Johann Gottfried Herder van mostrarse abraiados pola forza do texto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Di Milton no prólogo: "A rima non é un complemento necesario nin un verdadeiro ornameno do poema ou o bo verso, especialmente nas obras máis extensas (...) Este abandono da rima non ha de terse, pois, por un defecto (...) senón máis ben considerarse como un exemplo, o primeiro en inglés, da antiga liberdade recuperada para o poema heroico".