Diego de Almagro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1475 (Gregoriano) Almagro, España |
| Morte | 8 de xullo de 1538 Cuzco, Perú |
| Causa da morte | pena de morte, chave de braço (pt) |
| Lugar de sepultura | Cuzco |
| Actividade | |
| Ocupación | explorador, conquistador |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral |
| Familia | |
| Fillos | Diego de Almagro o Mozo |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Enciclopedia de Otto The Nuttall Encyclopædia >>>:Alma′gro, Diego d' |

Diego de Almagro, nado en Almagro en 1472 e finado en Cuzco en 1538, foi un conquistador español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou na conquista española do Imperio Inca con Francisco Pizarro. Os éxitos de Pizarro animárono a solicitar ao rei o permiso para emprender unha expedición de conquista por conta propia, o que causou friccións con Francisco. Almagro entrou no territorio da actual Chile para conquistar ese territorio. Nomeado en 1535 gobernador de Nova Toledo, ao regreso ao Perú ocupou a cidade de Cuzco por considerar que pertencía á súa gobernación e fixo prisioneiros a Gonzalo Pizarro e Hernando Pizarro. Por mediación de Pizarro liberounos, pero estes aproveitaron para atacar a Diego, que estaba enfermo. Derrotado por Hernando Pizarro na batalla das Salinas, foi executado en Cuzco. O seu fillo Diego de Almagro o Mozo púxose á fronte dos almagristas pero acabou sendo executado.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diego de Almagro |