Pilularia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Pilularia
Pilularia globulifera - Thomé.jpg
Lámina de Pilularia globulifera
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Familia: Marsileaceae
Xénero: Pilularia
L., 1753
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Pilularia é un xénero de pteridófitas da clase das polipodiópsidas e orde das salviniais, un dos tres incluídos na familia das marsileáceas.

O xénero comprende especies de fieitos acuáticos distribuídos polas rexións temperadas; no hemisferio norte, en Norteamérica, Europa e nas montañas de Etiopía e, no hemisferio sur, en Australia, Nova Zelandia e o oeste de América do Sur.

A especie tipo é Pilularia globulifera Linnaeus, 1753

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1753 por Linneo na páxina 1100 do tomo II da súa obra Species Plantarum.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Pilularia está foramdo pola unión dos elementos pilul- e -aria. O primeiro está tirado do latín pilula, "pequena bóla",[2] e o segundo é unha desinencia do latín científico derivada do latín -arius, -aria, -arium, elemento formador de adxectivos co significado de "relacionado coa raíz derivativa."[3]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo protónimo cuñado por Linneo, e actualmmente válido (2021), o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[4]

  • Spheroidia Dulac

Especies[editar | editar a fonte]

Dependendo do taxónomo, o xénero conta entre 3 e 6 especies.

Traballos recentes aceptan catro especies de Pilularia,[5] cunha quinta, P. novae-zealandiae, conespecífica de P. novae-hollandiae. Ademais, outra especie, P. dracomontana, foi descrita en Suráfrica.[6]

Características[editar | editar a fonte]

Son plantas pequenas con frondes semellantes a fíos e con rizomas rastreiros. Os esporanxios están en esporocarpos esféricos, que se forman nas axilas das frondes. Pilularia minuta do suoroeste de Europa é un dos fieitos máis pequenos.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]