Saltar ao contido

Pilularia minuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pilularia minuta
 Nome taxon
    Pilularia minuta Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    P. minuta (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie en perigo
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 ClasePolypodiopsida
 OrdeSalviniales
 FamiliaMarsileaceae
 XéneroPilularia
 EspeciePilularia minuta Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0105mgg5 Editar o valor en Wikidata
OTT362902 Editar o valor en Wikidata
UICN164187 Editar o valor en Wikidata
CoL4HVPK Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0001115153 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Pilularia minuta é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das marsileáceas, unha das cinco descritas do xénero Pilularia.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1848 polo militar e botánico francés Michel Charles Durieu de Maisonneuve.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Pilularia.

O epíteto específico, minuta, é a forma feminina singular do adxectivo latino minūtus, -a. -um, "pequeno", "pequena", participio pasado de verbo minuo, "minorar", "diminuír".

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Calamistrum minutum Kuntze[3]
  • Calamistrum minutum (Durand) Kuntze[2]
  • Pilularia globulifera L. subsp. minuta (Durieu) Bonnier & Layens[4]

Características

[editar | editar a fonte]

É un fieito herbáceo, perenne, rizomatoso, cun rizoma horizontal delgado, enraizante nos nós, practicamente sen pelos, que se desenvolve en solos húmidos. As follas (frondes), de 2 a 4 por nó, e de 2 a 4 cm de lonxitude, sen pecíolo, filiformes, de 0,3 a 0,7 mm de diámetro, solitarias, subglobosas, densamente pilosas, e sen dentes.[5]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Encóntrase no oeste da Rexión Mediterránea. Vive en pasteiros húmidos en zonas arxilosas temporalmente encharcadas. Esporula en primavera. Declarado CR (en perigro crítico) na Lista vermalla de Andalucía,[6] e VU (vulnerábel) na Lista vermella nacional de España de 2008.[7]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que Pilularia minuta ten unha área de dispersión moi pequena e moi fragmentada, e que a súa poboación está diminuíndo como resultado de moitas ameazas antrópicas sobre o seu hábitat, cujalifica o status deste especie como EN (en perigo).[8]

  1. ↑ Pilularia L. no GBIF. Consultado o 18 de marzo de 2021.
  2. 1 2 Pilularia minuta Durand no GBIF. Consultado o 18 de marzo de 2021.
  3. ↑ Kuntze 1891.
  4. ↑ Bonnier & de Layens 1894
  5. ↑ Valdés, B.; Girón, V.; Sánchez Gullón, E.; Carmona, I. (2010). Guía de las especies de interés de la flora de Doñana y su Comarca. Sevilla: Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía. ISBN 978-84-9280-742-0.
  6. ↑ Cabezudo, B.; et al. (2005). Lista Roja de la Flora Vascular de Andalucía. Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía, Sevilla.
  7. ↑ Moreno, J. C., coord. (2009). Lista Roja 2008 de la flora vascular española. Dirección General del Medio Natural y Política Forestal (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Sociedad Española de Biología de La Conservación de Plantas y Organismo Autónomo de Parques Nacionales, Madrid, 86 pp. p. 52. ISBN 978-84-8014-742-2.
  8. ↑ Rhazi, L., Grillas, P. & Rhazi, M. (2010): Pilularia minuta na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 18 de marzo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.