Salviniais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salviniais
Salviniales
Salvinia minima 1.jpg
Salvinia natans

Órganos e ciclo de vida dun fento típico.
Órganos e ciclo de vida dun fento típico.

Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Link, 1833
Familias
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A das salviniais (Salviniales), tamén chamadas antigamente hidropteridais (Hydropteridais) é unha orde de pteridófitas da clase das polipodiópsidas,[1][2] que comprende especies de fentos acuáticos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A ofrde foi descrita en 1833 polo médico, naturalista e botánico alemán Heinrich Friedrich Link.[3]

Familias[editar | editar a fonte]

A orde comprende dúas familias:[3]

Algúns autores inclúen tamén unha terceira:[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

A orde coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Marsileales
  • Hydropteridales
  • Pilulariales

Características[editar | editar a fonte]

  • Hai diferenciación entre frondes fértiles e estériles.
  • As veas están anastomosadas.
  • Usualmente o aerénquima está presente nas raíces, os talos e os pecíolos.
  • Os esporanxios aparecen sen anel (perdido en forma secundaria).

Ciclo de vida[editar | editar a fonte]

Antepasado común das salviniais e reavaliación do esporocarpo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Esporocarpo (fentos).

Hoxe en día, cos estudos moleculares de filoxenia que reúnen ás dúas familias (marsileáceas e salviniáceas) de forma indiscuíbel no mesmo clado (grupo monofilético), os investigadores concordan con que debería ser descontinuo o uso dunha terminoloxía diferente para expresar as estruturas nas dúas familias que resultan seren homólogas. As estruturas reprodutivas inusuais que teñen ambas as familias chámanse tradicionalmente esporocarpos (distinto do esporocarpo dos fungos).

Nese sentido, os estudos comparados da morfoloxía do esporocarpo baixo un marco teórico evolutivo, dan estes resultados:

  1. Todos os fentos heterospóricos posúen soros con indusio.
  2. Os soros con indusio están situados sobre unha estrutura non laminada, ramificada, á que Nagalingum, Schneider e Pryer (2006) chaman soróforo ("sorophore" en inglés). O soróforo é, polo tanto, a estrutura portadora de soros tanto nas marsileáceas como nas salviniáceas. Esta definición ampliada do soróforo (até agora só se utilizaba nas marsileáceas) resalta unha homoloxía que se escurece cando se utilizan diferentes termos para nomeala.
  3. O soróforo e os soros están rodeados pola cuberta do soróforo ("sorophore envelope" en inglés):
    1. Nas marsileáceas, a cuberta do soróforo é grosa e esclerenquimatosa, tradicionalmente chamada "parede do esporocarpo".
    2. En Salvinia, a cuberta do soróforo está ausente.
    3. No fósil Hydropterisque data do Cretáceo, a reconstrución de caracteres dá a entrender que existía unha cuberta do soróforo (Pryer 1999; Nagalingum, Schneider e Pryer 2006).

Polo tanto interprétase que o fento heterospórico ancestral posuía unha cuberta do soróforo, que se orixinou unicamente neste clado, e que en Salvinia perdeuse en forma secundaria. Unha segunda consecuencia desta interpretación é que as estruturas chamadas tradicionalmente "esporocarpo" en marsileáceas e salviniáceas non son homólogas:

- A definición tradicional de esporocarpo en marsileáceas inclúe os soros con indusio, o soróforo e a cuberta do soróforo.
- A definición tradicional de esporocarpo en salviniáceas só inclúe aos soros con indusio.

Os diferentes autores propuxeron solucións diferentes a esta definición, e algúns diferencian entre "esporocarpo de orixe foliar", en marsileéceas, e "esporocarpo de orixe indusial" en salviniáceas. A aproximación moderna (Nagalingum, Schneider e Pryer 2006) propón que se chame esporocarpo aos soros con indusio, con soróforo e con cuberta do soróforo, e que ao que tradicionalmente se camaba "esporocarpo" nas salviniáceas, sexa referido simplemente como soro.

Para ver esquemas e fotos dos esporocarpos e soros das dúas familias, consultar: N. S. Nagalingum, H. Schneider e K. M. Pryer (2006): "Comparative Morphology of Reproductive Structures in Heterosporous Water Ferns and a Reevaluation of the Sporocarp", en International Journal of Plant Sciences 167: 805–815. aquí).

Galería[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Salviniales no WoRMS. Consultada o 25 de febreiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Salviniales no ITIS. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
  3. 3,0 3,1 Salviniales Link en Word Fora Online. Consultado o 25 de febreiro de 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt & Sedonia D. Sipes (2001): "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622. (Resume).
  • Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith & Raymond Cranfill (2004): "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91: 1582-1598 (Resume).
  • Nagalingum, N. S.; H. Schneider & K. M. Pryer (2006): "Comparative Morphology of Reproductive Structures in Heterosporous Water Ferns and a Reevaluation of the Sporocarp". International Journal of Plant Sciences 167: 805–815 (Resume e PDF aquí).
  • Smith, A. R.; K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider & P. G. Wolf (2006): "A classification for extant ferns". Taxon 55 (3): 705-731. PDF aquí).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]