Peixes serra
- Non confundir con tiburóns serra, un grupo diferente.
Pristiformes (Pristiformes) Peixes serrra Rango fósil: cretáceo medio - actualidade[1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pristis pectinata. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
|
Co nome de peixes serra coñécense os peixes cartilaxinosos elasmobranquios da superorde dos batoideos que integran a orde dos pristiformes (Pristiformes, do latín pristis, "peixe serra", e -formes, "en forma de").
A orde comprende unha soa familia, a dos prístidos (Pristidae), con dous xéneros e sete especies.[2]
A súa aparencia é a dun peixe cun fociño longo e cheo de dentes, pero os peixes serra están máis relacionados coas raias que cos tiburóns, de aí que se inclúan na superorde dos batoideos.
Por iso non deben confundirse cos tiburóns serra (orde Pristiophoriformes), que teñen unha aparencia similar, pero que son "verdadeiros" tiburóns.
Características
[editar | editar a fonte]As dimensións dos peixes serra oscilan entre 1,4 m e os 7 m de lonxitude.
A súa característica máis sobresaínte é, xa que logo, o seu fociño en forma de serra. Este está dotado cunha serie de poros sensíbeis ao movemento e á electricidade, o que lles permite a estes peixes detectar o movemento e mesmo os latexos cardíacos de presas enterradas no sedimento mariño. O fociño actúa entón como un detector mentres o peixe serra nada sobre o fondo en busca de alimento. Tamén serve como ferramenta escavadora para desenterrar crustáceos.
Cando unha presa nada cerca, o peixe serra ataca desde abaixo e utiliza eficazmente a súa serra. Isto xeralmente fere á presa o suficiente como para que o peixe a devore sen moita dificultade.
Os peixes serra tamén utilizan o fociño como arma de defensa contra outros depredadores (como tiburóns) e mergulladores intrusos.
O "dentes" que sobresaen do fociño non son verdadeiros dentes, senón escamas dentais modificadas.
Todo o corpo dos peixes serra, incluída a cabeza, é aplanado, xa que pasan a maior parte do tempo deitados no fondo mariño. Ao igual que as raias, a súa boca está localizada ventralmente. Na boca teñen pequenos dentes para comer crustáceos e outros peixes de pequenas dimensións, aínda que ás veces devóranos enteiros.
Os peixes serra respiran por dous espiráculos localizados detrás dos ollos que conducen a auga ás branquias.
A pel está cuberta por pequenos dentículos que lle dan unha textura áspera. A súa cor é xeralmente gris ou apardazada, aínda que a especie Pristis pectinata é cor verde oliva.
Os ollos dos peixes serra non están moi desenvolvidos, debido ao seu hábitat lamacento; o fociño é a súa principal ferramenta sensorial.
Localización e hábitat
[editar | editar a fonte]Os peixes serra viven en zonas tropicais e subtropicais ao redor de África, Australia e no Caribe.
Viven en augas, salgadas e doces, pouco profundas e lamacentas. A maioría das especies prefiren foces de ríos e sistemas de auga doce. Todos os peixes serra teñen a capacidade de cambiar de augas salgadas a doces, e xeralmente fano, nadando dentro de ríos, así como en baías e esteiros.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Son nocturnos; usualmente dormen durante o día e cazan á noite. A pesar das aparencias, son peixes que non atacan ás persoas a menos que sexan provocados ou sorprendidos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Pouco se coñece sobre a reprodución dos peixes serra. Cada individuo vive entre 25 e 30 anos. Maduran lentamente, estimándose que non se reproducen até que alcanzan entre 3,5 e 4 m de longo e teñen entre 10 e 12 anos de idade, reproducíndose a niveis moito menores que a maioría dos peixes. Isto fai que a estes animais lles custe moito recuperar as súas poboacións, en especial tras unha sobrepesca.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Os peixes serra comprenden sete especies en dous xéneros.[2] Este esquema foi descrito como caótico,[3] e posibelmente omita especies non descritas. Pristis pristis (especie complexa), incluíndo P. microdon e P. perotteti, necesita unha revisión taxonómica.
- Orde Pristiformes
- Famila Pristidae Bonaparte, 1838
- Xénero Anoxypristis E. I. White e Moy-Thomas, 1941
- Anoxypristis cuspidata (Latham, 1794) )
- Xénero Pristis H. F. Linck, 1790
- Pristis clavata Garman, 1906
- Pristis microdon Latham, 1794
- Pristis pectinata Latham, 1794
- Pristis perotteti J. P. Müller & Henle, 1841
- Pristis pristis (Linnaeus, 1758)
- Pristis zijsron Bleeker, 1851
- Xénero Anoxypristis E. I. White e Moy-Thomas, 1941
- Famila Pristidae Bonaparte, 1838
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Froese, R. & Pauly, D. (Editors). 2009. FishBase. World Wide Web electronic publication. Pristiformes. www.fishbase.org, version (10/2009).
- ↑ 2,0 2,1 Froese & Pauly (2009), Op. cit.
- ↑ Compagno, L. J. V., Cook, S. F. & Fowler, S. L. (2006): Pristis microdon. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.2. International Union for Conservation of Nature.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixes serra |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peixes serra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Compagno, Leonard J. V. e Hamlett, William C., eds. (1999): Checklist of Living Elasmobranchs. Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6048-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- VirtualZoo, Pristiformes[Ligazón morta] (en inglés) Consultada o 15/11/2012.
- Pristidae en ITIS (en inglés) Consultada o 09/04/2020.