Friedrich Gustav Jakob Henle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Friedrich Gustav Jakob Henle
Jakob henle.jpg
Nacemento9 de xullo de 1809 e 19 de xullo de 1809
 Fürth
Falecemento13 de maio de 1885
 Gotinga
SoterradoStadtfriedhof de Göttingen
NacionalidadeAlemaña
EtniaPobo xudeu
Educado enUniversidade de Bonn
Ocupaciónanatomista, zoólogo, medical researcher, patólogo, ictiólogo e catedrático de universidade
PremiosBavarian Maximilian Order for Science and Art
editar datos en Wikidata ]

Friedrich Gustav Jakob Henle, máis coñecido como Jakob Henle, nado en Fürth (Baviera) o 9 de xullo de 1809 e finado en Gotingao 13 de maio de 1885, foi un médico, patólogo, anatomista e zoólogo alemán, descubridor da asa de Henle no ril.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun comerciante de Fürth, en 1828 comezou os seus estudos da medicina en Bonn, onde foi alumno de Johannes Peter Müller. Obtivo o título de doutor só catro anos máis tarde, en 1832, coa tese titulada De membrana pupillari aliisque oculi membranis pellucentibus.[1]

Despois de impartir clases en Zúric, foi profesor de patoloxía e de anatomía na Universidade de Heidelberg en 1844 e despois, a partir de 1852, profesor na Universidade de Gotinga, cidade na que faleceu.

Foi nomeado correspondente da Royal Society en 1873.

Contribucións á ciencia[editar | editar a fonte]

As achegas de Henle tiveron lugar nos anos comprendidos entre 1848 e 1914, o que segundo Magnus Levy constituíu a "idade heroica da medicina alemá". Os esforzos desenvolvidos pola chamada xeración intermedia, constituída entre outros por Johannes Peter Müller, Johann Lukas Schönlein, Theodor Schwann e o propio Henle, deu lugar a que a anatomía patolóxica, a fisioloxía e a microbioloxía alcanzaran un nivel espectacular e a clínica gañara en calidade e se ativera aos postulados do laboratorio.

Precisamente neste contexto de "xeración intermedia" é onde debemos situar a obra de Friedrich Gustav Jacob Henle. Se a Schwann se lle atribúe a formulación da teoría celular, a Henle relaciónase coa aplicación desta teoría á anatomía microscópica, sendo o primeiro que publicou un tratado de histoloxía.

Débense a Henle varios traballos en zooloxía, especialmente en ictioloxía.

Nun ensaio de 1840,[2] referiuse á obra de Bassi sobre a natureza microbiana da enfermidade chamada muscardina do verme da seda (causada polo fungo Beauveria bassiana) e de Cabral de Latour e Schwann sobre a natureza da vida do lévedo, e desenvolve a teoría microbiana das enfermidades contaxiosas e formula os criterios que permiten, segundo el, decidir se dita enfermidade é causada por dito microorganismo. Estes "postulados" a miúdo se atribúen ao seu alumno Robert Koch,[3] e son coñecidos como Postulados de Koch.

Principais publicacións[editar | editar a fonte]

  • Ueber Narcine, eine neue Gattung electrischer Rochen, nebst einer Synopsis der electrischen Rochen etc. (Berlín, 1834).
  • Pathologische Untersuchungen (Berlin, 1840).
  • Con Johannes Peter Müller (1801-1858), Systematische Beschreibung der Plagiostomen. ... Mit sechzig Steindrucktafeln (Berlin, 1841).
  • Con Karl von Pfeufer (1806-1869), Zeitschrift für rationelle Medicin (10 vol., Heidelberg, 1844-1851).
  • Handbuch der systematischen Anatomie des Menschen (3 vol., Braunschweig, 1855-1871).
  • Anatomische Hand-Atlas zum Gebrauch im Secirsaal (Braunschweig, 1871).
  • Albrecht von Haller (1872).
  • Anthropologische Vorträge (2 vol., Braunschweig, 1876-1880).
  • Grundriss der Anatomie des Menschen... Nebst einem Atlas etc. (Braunschweig, 1880)

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Henle emprégase para indicar a Friedrich Gustav Jakob Henle como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jacob Henle (1809-1885) Biografía, na web da Universidade de Heidelberg.
  2. J. Henle, Von den Miasmen und Kontagien, 1840, réd. Leipzig, 1910. Citado ppr P. Pinet, Pasteur et la philosophie, Paris, L'Harmattan, 2005, p. 182.
  3. "Jacob Henle. Well-known teacher of Koch and progenitor of his Postulates" (William C. Campbell, Ph.D., Hall of Sciences (Biol./RISE), Drew University, Madison, NJ 07940, Germ Theory Calendar, en liña, que reenvía a Garrison, F. H., History of Medicine, 4ª ed., W. B. Saunders Co., Philadelphia, 1929 e a Norman, J. M. (dir), Morton’s Medical Bibliography, 5ª ed., Scholar Press, Aldershot, 1991, p. 1243.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Allen G. Debus (dir.) (1968); World Who’s Who in Science. A Biographical Dictionary of Notable Scientists from Antiquity to the Present. Marquis-Who’s Who (Chicago): xvi + 1855 p.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]