Elasmobranquios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elasmobranquios
(Elasmobranchii)

Rango fósil: silúrico tardío - actualidade[1]
Manta xigante (Manta birostris), un elasmobranquio
Manta xigante (Manta birostris), un elasmobranquio
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Bonaparte, 1838
Superordes

Os elasmobranquios (Elasmobranchii) conforman unha subclase dentro da clase dos peixes cartilaxinosos ou condrictios (Chondrichthyes). Comprende dúas superordes: selacimorfos (Selachimorpha) —os tiburóns— e batoideos (Batoidea) —as raias en sentido amplo—.

Descrición[editar | editar a fonte]

Presentan un esqueleto formado por cartilaxes. A pel está recuberta de escamas placoides (dentículos dérmicos) que lle dan un tacto moi áspero (utilizouse como papel de lixa) ou pode estar núa.

Posúen de 5 a 7 arcos branquiais con cadansúa abertura a cada lado do corpo; as branquias non están protexidas por opérculos. Os dentes son numerosos e dispostos en fieiras. Carecen de vexiga natatoria.

Normalmente, os machos presentan uns órganos copuladores derivados das aletas pélvicas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Comprende dúas superordes que se distinguen pola súa forma básica, ben diferente entre si:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Karatajüte, V. (1973): "Elegestolepis grossi ge. et sp. nov., ein neues typ der placoidschuppe aus dem oberen Silur der Tuwa". Palaeontographica Abteilung A 143: 35–50.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Elasmobranquios
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Elasmobranquios

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]