Paul Pietsch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paul Pietsch
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Anos en activo 3 (19501952)
Escudería(s) Alfa Romeo, Maserati e Veritas non oficiais
Grandes Premios disputados 3
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Italia de 1950
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1952


Paul Pietsch nado en Friburgo o 20 de xuño de 1911[1] e finado en Titisee-Neustadt o 31 de maio de 2012 foi un piloto, xornalista e editor alemán, fundador da revista Das Auto.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira de piloto en 1932 cun Bugatti e un Alfa Romeo privados. Competindo cun Alfa Romeo, gañou a carreira sobre xeo III Svenska Isloppet GP de 1933 en Hemfjärden, e a carreira I Vallentunaloppet sobre xeo en Vellentunasjön de 1934, ambas en Suecia.

No Gran Premio de Alemaña de 1935 correu para Auto Union, e rematou en terceiro lugar no Gran Premio de Italia de 1935 antes de deixar o equipo cos seus motores traseiros de difícil manexo. De 1937 en diante participou cun Maserati privado. Os seus mellores momentos foron no Gran Premio de Alemaña de 1939 que liderou desde a segunda volta ata que fallou a ignición, facéndoo caer ao terceiro posto, que aínda así foi un excelente resultado para un privado contra a forza dominante das frechas de prata.

Despois da guerra, participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial, debutando o 3 de setembro de 1950. Pilotou un Alfa Romeo oficial no Gran Premio de Alemaña de 1951 que terminou cun accidente. Non logrou puntos de campionato.

Nese momento, Pietsch foi xa era un editor de éxito de revistas de motos e automóbiles. A súa empresa, Motor Presse Stuttgart, é a máis grande do mercado europeo de revistas de tecnoloxía e temas especializados.

Desde a morte do seu compatriota Karl Kling en 2003 ata a súa propia morte, Pietsch foi o máis antigo piloto de Fórmula Un vivo.[2] Cunha idade de 100 anos[3] foi o último piloto supervivente da era pre-guerra dos grandes premios. Os seu fillo Peter-Paul Pietsch corre moitas veces en carreiras en Nürburgring con compañeiros xornalistas.

O 31 de maio de 2012, Pietsch morreu de pneumonía[4] a idade de 100 anos, 11 meses e 11 días[1] Pietsch foi tamén o primeiro piloto que participou nun Gran Premio que chegou aos 100 anos.[1]

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados completos no campionato de Europa[editar | editar a fonte]

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Pts
1932 Pilesi Racing Team Bugatti T35B Bugatti 2.3 L8 ITA FRA ALE
Ret
22º 23
1935 Auto Union AG Auto Union B Auto Union 5.0 V16 MON FRA BEL ALE
9
SUI
11[5]
ITA
3
ESP
NTS
15º 47
1937 P. Pietsch Maserati 6C-34 Maserati 3.7 L6 BEL ALE
Ret
MON
NTS
SUI
10
ITA 17º 35
1938 P. Pietsch Maserati 6CM Maserati 1.5 L6 FRA ALE
6
SUI ITA 14º 28
1939 Officine A. Maserati Maserati 8CTF Maserati 3.0 L8 BEL FRA ALE
3
14º 26
P. Pietsch Maserati 4CL Maserati 1.5 L4 SUI
Ret
Fonte:[6]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Pts
1950 Paul Pietsch Maserati 4CLT/48 Maserati 4CLT 1.5 L4s GBR MON 500 SUI BEL FRA ITA
Ret
NC 0
1951 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159 Alfa Romeo 158 1.5 L8s SUI 500 BEL FRA GBR ALE
Ret
ITA ESP NC 0
1952 Motor Presse Verlag Veritas Meteor Veritas 2.0 L6 SUI 500 BEL FRA GBR ALE
Ret
NED ITA NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Jenkins, Richard. OldRacingCars.com, ed. "The World Championship drivers - Where are they now?" (en inglés). Consultado o 29-7-2007. 
  2. 2,0 2,1 Glückwunsch zum 100. Geburtstag - ADAC Motorwelt 6/2012 p12
  3. Vorano, Neil (2011-06-25). "German rally marks 100th birthday of racing great Paul Pietsch". The National. Consultado o 2011-07-01. 
  4. "Zum Tode von Paul Pietsch. Der Grand-Prix-Pilot und Gründer von Auto Motor und Sport starb wenige Tage vor seinem 101. Geburtstag". Auto Motor u. Sport. 14 2012: Seite 14.2012/11. 14 de xuño de 2012. 
  5. Como co-piloto, Pietsch non era elixible para puntuar no campionato
  6. "THE GOLDEN ERA – OF GRAND PRIX RACING". kolumbus.fi. Consultado o 11 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]