Saltar ao contido

Mosteiro da Nosa Señora de Valdeflores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro da Nosa Señora de Valdeflores
Viveiro Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Dedicado a
 Relixión
Implicados
 Ocupante
 Dedicado a
Localización
 Situado en
 Diocese
 Coordenadas
Patrimonio
Ben de Interese Cultural
Códigos e identificadores
VIAF1808154741634353110003 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 32303
Wikidata C:Commons

O Mosteiro da Nosa Señora de Valdeflores é un mosteiro situado no alfoz da vila de Viveiro, preto do río Landro. Este edificio relixioso está rexido pola congregación das dominicas contemplativas (Orde dos Predicadores), orde fundada por Domingos de Guzmán.[1] A fundación do convento remóntase ao século XV. A igrexa, tamén do século XV, de estilo gótico, momento tamén ao que corresponde a talla da Virxe de Valdeflores a cal se venera neste templo. Esta imaxe, segundo conta a tradición, foi atopada nos terreos sobre os que se ergue o mosteiro. O edificio do mosteiro é de finais do século XVII.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

O mosteiro conta cun gran claustro que foi remodelado nos séculos XVI, XVIII e XX. A igrexa presenta riscos románicos e oxivais (gótico). A torre do campanario data de 1618, para a súa construción tomouse como referencia a do desaparecido convento de San Domingos. A portada é oxival con arco interior en forma de trevo e con arcos sostidos por columnas e capiteis de follas. Sobre ela existe unha escultura de San Domingos proveniente do desaparecido convento dominico. O interior é dunha soa nave, con presbiterio e coros alto e baixo ao fondo. Tralo retablo óllanse restos de pinturas murais. Entre a moblaxe salienta o órgano do século XVIII e un Lignum Crucis traído de Xerusalén pola beata Costanza de Castro[3].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Información da orde na Web do mosteiro". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2014.
  2. "Web do Mosteiro (en castelán)". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2014.
  3. Mosteiro de Valdeflores na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]