Covadonga
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Covadonga | |
---|---|
![]() Vista da basílica. | |
Concello | Cangas de Onís |
Provincia | Asturias |
Coordenadas | 43°18′44″N 5°03′32″O / 43.31210679, -5.05887946Coordenadas: 43°18′44″N 5°03′32″O / 43.31210679, -5.05887946 |
Área | 2,54 km² |
Poboación | 58 hab. (2008) |
Densidade | 22,83 hab./km² |
Entidades de poboación | 1 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Covadonga (en asturiano: Cuadonga) é unha parroquia de Cangas de Onís no Principado de Asturias e forma parte do Parque Nacional dos Picos de Europa.
Posúe o conxunto monumental máis visitado de Asturias. É un santuario dedicado á Virxe de Covadonga (A Santina), conmemorativo da Batalla de Covadonga. Destacan a Santa Cova, a Basílica de Santa María a Real e o mosteiro de San Pedro, entre outros edificios.
O seu nome vén de «Cova de onnica» e significa o río da cova. O sufixo -onnica deriva do cético onna "río" e conforma na zona numerosos topónimos como Isongo "río Is", Triongo "tres ríos", Candongo "río branco" etc.
A versión que fai vir o nome do latín «Cova Dominica» ou «Cova da Señora» (por estar o lugar dedicado ao culto da Virxe de Covadonga) é imposible, e tería dado Covadominga.