Partitio terrarum imperii Romaniae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A división do Imperio Bizantino tras a cuarta Cruzada.

A Partitio terrarum imperii Romaniae ("partición das terras do imperio romano [bizantino]", en latín) foi un tratado asinado despois do saqueo da capital bizantina, Constantinopla, pola Cuarta Cruzada en 1204. Estableceuse o Imperio latino e dispúxose a partición do territorio bizantino entre os participantes da cruzada, coa República de Venecia sendo a gran beneficiada.

O tratado, que foi promulgado a finais de setembro ou principios de outubro de 1204 ou (segundo Nikolaos Oikonomides) inmediatamente despois da captura en abril-maio de 1204, foi elaborado por unha comisión de 24 homes que constaba de 12 venecianos e 12 representantes dos outros líderes cruzados. Déronlle ao emperador latino o control directo dunha cuarta parte do territorio bizantino, a Venecia, tres oitavas - incluíndo tres oitavas da cidade de Constantinopla, con Santa Sofía - e o restantes tres oitavas foron repartidas entre os demais líderes cruzados. Mediante esta división, Venecia converteuse no principal poder na Romania latina, e o verdadeiro poder detrás do Imperio Latino, un feito claramente ilustrado polo nobre título que o seu Dogo adquiriu: Dominator quartae et dimidiae partis totius Romaniae («O Señor dun cuarto e media cuarta parte de todo o Imperio romano»).

A Partitio Romaniae iniciou o período da historia grega coñecida como Francocracia ou Latinocracia, onde os nobres católicos europeos occidentais, maiormente de Francia e Italia, estableceron estados no antigo territorio bizantino e gobernaron sobre a maioría dos nativos gregos bizantinos ortodoxos.

Provisións territoriais[editar | editar a fonte]

Consonte as provisións do tratado, os territorios dividíronse na parte do Señor Dogo e comuna de Venecia (pars domini Ducis et communis Venetiae), a parte do Emperador Latino (pars domini Imperatoris), e o resto como a parte dos cruzados, ou "peregrinos" (pars Peregrinorum).

Texto latino Tradución Destinatario Rexión Comentarios
Civitas[a] Archadiopoli. Missini. Bulgarofigo. (Pertinentia[b] Archadiopoli).[3] As cidades de Arcadiopole,[4] Mesene,[5] Bulgarophygon,[6] forman parte da episkepsis de Arcadiopolis Venecia Tracia Oriental As mesmas áreas menciónanse na crisobula de 1198 como parte dunha episkepsis de Messene, Arcadiopolis, e Bulgarophygon.[7]
Pertinentia Putis/Pucis et Nicodimi[8] A episkepsis de Putza[9] e "Nicodimi" Venecia Tracia Oriental "Nicodimi" segue sen ser identificada; Carile suxeriu identificala coa vila e diocese de Nike.[10]
Civitas Heraclee/Yraclee.[11] A cidade de Heraclea Perinthus[12] Venecia Tracia Oriental
Pertinentia Chalkidos, cum civitate Rodosto et Panido, cum omnibus, que sub ipsis. A episkepsis de Calcis[13] coas cidades de Raidestos[14] e Panidos con todas as súas dependencias Venecia Tracia Oriental
Civitas Adrianopoli cum omnibus, que sub ipsa.[15] A cidade de Adrianópole coas súas dependencias Venecia Tracia Oriental
Pertinentia Gani.[16] A episkepsis de Ganos[17] Venecia Tracia Oriental
Casale[c] Chortocop[l]i. Casalia Chotriki, Kerasea, Miriofitum.[19] Os asentamentos de Chortokopeion, Chortriki, Kerasia,[20] e Myriophyton[21] Venecia Tracia Oriental Chortokopeion (Χορτοκόπειον) é coñecido por un documento monástico de mediados do século XI, pero descoñécese a súa localización exacta.[22] Chotriki (Χοτρικί) non testemuñada en ningunha outra parte, podería identificarse con Chora.[23]
Pertinentia Peristasi.[24] A episkepsis de Peristasis[25] Venecia Tracia Oriental
Pertinentia Brachioli.[24] A episkepsis de Branchialion Venecia Tracia Oriental Localización incerta, pero próxima á moderna İnceburun. Testemuñada na crisobula de 1198, un portolano catalán de aproximadamente 1200, e en fontes bizantinas posteriores.[26]
Casalia de Raulatis et Examilii. Emporium Sagudai.[24] O asentamento de Raulaton, Hexamilion,[27] e Sagudaus Venecia Quersoneso Tracio Localización de Raulaton (χωρίον τῶν Ῥαουλάτων) incerta, probabelmente preto de Hexamilion na base do Quersoneso Tracio (península de Gallipoli). Probabelmente o seu nome se refire á familia Raúl.[28] A localización do asentamento (emporion) de Sagudaus (Σαγουδάους) ou Sagude (Σαγούδη) como un porto e almacén en 1152. A súa localización non está clara, pero debe haber estado na parte norte da península de Galípoli.[29]
Pertinentia Gallipoli[30] A episkepsis de Kallipolis[31] Venecia Quersoneso Tracio
Lazu et Lactu[32] Lazu e Laktu Venecia Tracia Oriental Nin Lazu (Λάζου) nin Laktu (Λάκτου) aparecen testemuñadas en ningún outro lugar; segundo a súa posición no texto deben haber estado nas proximidades de of Kallipolis.[33]
Pertinentia de Muntimanis et Sigopotamo, cum omnibus, que sub ipsis.[32] A episkepsis de Muntimanoi e o río Sigos coas súas dependencias Venecia Quersoneso Tracio A ἐπίσκεψις τῶν Μουντιμάνων non aparece testemuñada noutro lugar, pero probabelmente estaban situados no sur do Quersoneso Tracio[34]. O río Sigos pode ser probabelmente identificado co moderno Kavakaltı Dere ou, menos probabelmente, co Çeşme Dere, no sur da península de Gallipoli[35].
Provintia Lakedemonie, micra et megali episkepsis, i.e. parva et magna providentia. Kalabrita.[32] A provincia de Lacedaemonia e as episkepseis maiores e menores, e a vila de Kalavryta Venecia Peloponeso A provincia de Lacedemonia só se coñece de aquí, pero é evidentemente equivalente á rexión de Laconia[36].
Ostrovos.[32] A vila de Ostrovos Venecia Macedonia Occidental O máis seguro a cidade homónima en Macedonia, pero tamén posibelmente un lugar descoñecido do mesmo nome no Peloponeso[37][38].
Oreos. Caristos.[39] As vilas de Oreos e Caristo Venecia Eubea Caristo xa aparece mencionada na crisóbula de 1198, pero Oreos, fóra de ser unha sé episcopal, era indestibguibel naquel momento[40].
Andrus.[39] A illa de Andros Venecia Cícladas
Egina et Culuris[39]. As illas de Exina e Salamina Venecia Golfo Sarónico As illas de Exina e Salamina estaban moi empobrecidas e eran refuxio de piratas[41].
Zachintos et Kefalinia[39]. As illas de Zakynthos e Cefalonia. Venecia Illas Xónicas Cefalonia e Zakynthos xa foran capturadas durante a última invasión normanda en 1185, e formaron desde aquela un condado palatino, inicialmente baixo Margarito de Brindisi, e que foi gobernado en 1204 por Matteo Orsini[42][43]. Porén, o goberno de Orsini non está baseado en evidencia documental, senón en conxecturas de Karl Hopf, e A. Kiesewetter propón que Maio di Monopoli (alias Matthew Orsini) pode ter tomado o control das illas en 1206 dos bizantinos, que as recuperaran despois do falecemento de Margarito en 1294[44].
Provintia Colonie Conchilari. Canisia[39] A provincia de Koloneia, Chlerenon, e Kanina Venecia Epiro Tafel e Thomas propuxeron unha serie de emendas e identificacións para "Colonie cum Cycladibus. Nisia.", con "Colonie" como unha posíbel referencia ao Templo de Poseidón no Sunion (a partir do cal o Cabo Sounion era coñecido como Capo Colonne), "Cycladibus" unha referencia ás Cícladas, e "Nisia" identificado como a illa de Naxos[45]. Isto foi rexeitado por Th. Menke e Jean Longnon, quen emendaron o texto para ler "Provintia Colonie cum Chilari, Canisia.", i.e. Koloneia no Epiro, Kjari, e Konitsa, mentres que Dionysios Zakythinos propuña identificar "Chilari" con Chlerenon, e "Canisia" con Kanina[46].
Pertinentia Lopadi[39]. A episkepsis de "Lopadi" Venecia Illas do Exeo ou Asia Menor (?) Tafel e Thomas propuxeron identificar Lopadi coa illa de Levitha[47], pero segundo Zakythinos é igualmente posíbel que se refira a Lopadion en Misia, que está testemuñada como unha episkepsis na crisobula de 1198, posto que algunhas partes do texto foron desprazadas de modo que xa non corresponden á súa distribución por proximidade xeográfica orixinal[48]. Porén Carile atopa a identificación con Lopadion menos probábel[49].
Orium Patron et Methonis, cum omnibus suis, scilicet pertinentiis de Brana. Pertinentia de Cantacuzino, et cum villis Kyreherinis, filie Imperatoris Kyrialexii, cum villis de Molineti, de Pantocratora, et de ceteris monasteriorum, sive quibusdam villis, que sunt in ipsis, scilicet de micra et megali episkepsi, i.e. parva et magna pertinentia[50]. O chorion[d] de Patras e Methone coas súas dependencias, especificamente as facendas de Branas e Kantakuzenos, as facendas de kyra Irene, filla do Emperador kyr Aleixo III, e as facendas de "Molineti", de "Pantokrator" e outros mosteiros. Venecia Peloponeso O chorion de Patras e Methone probabelmente ocupaban a totalidade da metade occidental do Peloponeso.[53] O nome "Molineti" está asociado evidentemente con muíños de vento; a este correspóndense dúas localizacións medievais, ámbalas dúas na moderna Pylia.[54] Descoñécese a identidade ou a localización de "Pantokrator".[55]
Nicopolla, cum pertinentia de Arta, de Achello, de Anatolico, de Lesianis, et de ceteris archondorum et monasteriorum.[56] Nicopolis coas episkepseis de Arta e Achelous, de Anatoliko, Lesiana, "e de outros arcontes e mosteiros"[57] Venecia Epiro Os "outros arcontes" son probablemente os mencionados na crisobula de 1198, concretamente membros da familia imperial: os "máis afortunados" sebastokratores e Césares, as fillas do Emperador e a Augusta (Eufrosine Dukaina Kamatera, muller de Aleixo III).[57]
Provintia Dirachii et Arbani, cum chartolaratis de Glavinitza, de Bagenetia.[58] A provincia de Dyrrhachium[59] e Arbanon,[60] coas chartularata[e] de Glavinitsa[61] e Vagenetia[62]. Venecia Epiro
Provintia de Gianina. Provintia Drinopoli.[63] As provincias de Ioannina e Dryinopolis Venecia Epiro
Provintia Achridi.[64] A provincia de Ohrid Venecia Macedonia Occidental
Leukas et Coripho.[64] As illas de Lefkada e Corfú Venecia Illas Xónicas
A Porta aurea et Blachernali et occidentali Steno usque ad Midiam et Agathopoli. Similiter et ab ipsa civitate Vizoi usque ad Zurlo et Theodoropoli[65] Desde a Golden Gate e Blachernae e a costa occidental do Bosporus, ata Mideia e Agathopolis na costa do Mar Negro. Igualmente desde Bizye a Tzurulon e Theodoropolis no Mar de Mármara Emperador Tracia Oriental Os puntos mencionados ao principio definen a circunferencia de Constantinopla, desde a porta cerimonial principal na parte suroeste das murallas terrestres ao barrio noroeste de Blachernae na costa do Corno de Ouro, e os "estreitos" (Stenon) do Bósforo.[66]
Provintia Optimati.[67] A provincia de Optimatoi. Emperador Asia Menor O antigo thema dos Optimatoi, que inclúe as partes de Asia Menor máis próximas a Constantinopla, disgregárase nalgún momento do século XII, cun número de pequenos distritos ocupando a súa parte setentrional (Thynia).[68]
Provintia Nicomidie.[67] A provincia de Nicomedia. Emperador Asia Menor Nicomedia era a antiga capital do thema dos Optimatoi. En 1198 xa aparece como unha provincia separada, probabelmente ocupando a porción meridional do antigo thema.[69]
Provintia Tharsie, Plusiade, et Metavolis cum Servochoriis, et cum omnibus, que sub ipsis.[70] A provincia de Tarsia, Plousias, e Metabole, con Servochoria e todas as súas dependencias. Emperador Asia Menor
Provintia Paflagonie et Vucellarii.[71] A provincia de Paflagonia e o thema de Bucellario. Emperador Asia Menor
Provintia Oenoei et Sinopii et Pabrei.[71] Oenoe e Sinope e Pavrae Emperador Asia Menor
Mitilini.[71] A illa de Lesbos Emperador Illas do Exeo
Limni cum Skiro, et que sunt infra Avidum insule, scilicet Priconiso et cetera, cum Strovilo.[72] As illas de Lemnos e Skyros, e as illas deste lado de Abydos (i.e., no Mar de Mármara), especialmente Proconeso e os outros, con Strobilos Emperador Illas do Exeo e Mar de Mármara
Samos et Tinos cum Samandrakio.[73] As illas de Samos e Tinos con Samotracia. Emperador Illas do Exeo
Provintia de Pilon, de Pithion, de Keramon.[74] A provincia de Pylae, Pythia, e Kerama Emperador Asia Menor Na crisobula de 1198, menciónase unha episkepsis de Pylae e Pythia, anteriormente parte dothema dos Optimatoi.[75]
Provintia Malagini.[74] A provincia de Malagina Emperador Asia Menor
Provintia Achirai.[74] A provincia de Achyraous Emperador Asia Menor
Provintia Adramitii, de Chilariis et de Pergamis. [76] A provincia de Adramyttium, Chliara, e Pérgamo Emperador Asia Menor Segundo Nicetas Coniates, o thema de Neokastra orixinariamente ocupaba as cidades de Adramyttium, Chliara, e Pérgamo, logo foron refortificadas por Manuel I Comneno. Con todo, estas cidades menciónanse separadamente da provincia tanto na crisobula de 1198 como na Partitio.[77] Helene Ahrweiler interpretou a evidencia para suxerir que Neokastra realmente ocupaba orixinalmente as tres cidades, pero que en 1198 Adramyttion pode haber formado un distrito separado, e que a separación entre as cidades e a provincia que aparece na Partitio foi o resultado dun erro de copista.[78]
Provintia Neocastron.[79] A provincia de Neokastra Emperador Asia Menor
Provintia Milasi et Melanudi.[79] A provincia de Mylasa e Melanoudion Emperador Asia Menor
Provintia Laodikie et Meandri, cum pertinentia Sampson et Samakii, cum Contostephanatis, cum Camizatis et ceteris atque Chio.[79] A provincia de Laodicea e o Meandro, co distrito de Sampson e Samakion, coas facendas de Kontostephanos eKamytzes e outros lugares, e Quíos. Emperador Asia Menor e Illas do Exeo Algúns estudosos, entre eles Carile,[80] emendan "Samakii" a "ta Malachii", identificándoo coa aldea bizantina de Malachiu (posibelmente a moderna Atburgazı) preto de Micale, pero como apunta Peter Thonemann, a localidade de Samakion aparece mencionada na Vida de San Lázaro de Galesion.[81]
Provintia micra et megali Brissi.[82] A provincia de Pequena e Gran Brisis cruzados Tracia Oriental
Pertinentia Gehenna.[82] A episkepsis de Gehenna[83] cruzados Tracia Oriental
Civitas Panfili, cum omnibus, que sub ipsa.[82] A cidade de Pamphylos[84] con todas as súas dependencias cruzados Tracia Oriental
Pertinentia Culi.[82] A episkepsis de Kule[85] cruzados Tracia Oriental
Civitas Apri, cum omnibus, que sub ipsa.[86] A cidade de Apros[87] con todas as súas dependencias cruzados Tracia Oriental
Didimochium, cum omnibus, que sub ipsa.[86] A cidade de Didymoteichon[88] con todas as súas dependencias cruzados Tracia Oriental
Pertinentia de Kipsali/Cypsellam.[86] A episkepsis de Kypsela[89] cruzados Tracia Oriental
Pertinentia de Garelli.[86] A episkepsis de Garella[90] cruzados Tracia Oriental
Pertinentia de Lebuecho/Lebucto.[86] A episkepsis de Kedouktos[91] cruzados Tracia Oriental Tafel e Thomas propuxeron emendalo a "Ceducto", i.e., a chaira de Kedouktos.[92]
Pertinentia de Bira.[86] A episkepsis de Bera[93] cruzados Tracia Oriental
Pertinentia Macri et Traianopoli, cum casali de Brachon.[94] A episkepsis de Makri[95] e Trajanopolis,[96] co asentamento de Brachon cruzados Tracia Oriental Brachon só se coñece por este texto; se é un erro por "Blachon", podería referirse ao Mosteiro do Salvador "de Blachon" preto de Ainos).[97]
Pertinentia Scifis et Pagadi, cum omnibus, que sub ipsa.[94] A episkepsis de "Scifis" e "Pagadi" coas súas dependencias. cruzados Tracia Oriental A identificación de Scifis e Pagadi (probabelmente de πηγάδι, "fonte") é algo en disputa, aínda que algúns identifican con Scifis con Tzympe, o que podería situar Pagadi entre Tzympe e Madytos,[98] mentres que outros suxiren situar ambos na beira oriental na parte baixa do río Maritsa preto de Ainos.[99]
Pertinentia Maditi, cum omnibus, que sub ipsa.[100] A episkepsis de Madytos[101] coas súas dependencias. cruzados Quersoneso Tracio
Icalotichas, cum omnibus, que sub ipsa, i.e. Anafartus, Tinsaccos, Iplagia, Potamia et Aacros/Aatios, cum omnibus, que sub ipsa.[100] Koila Teichos coas súas dependencias: Anaphartos,[102] Tinsakkos, Plagia,[103] Potamia, e Aatios ou Aacros cruzados Quersoneso Tracio Koila Teichos pódese identificar probabelmente coa Muralla Longa situada na base do Quersoneso Tracio en Agora. Zakythinos propuxo unha identificación coa Muralla de Anastasio, pero non é acaído para a xeografía.[104] A identidade exacta ou situación de Tinsakkos,[105] Potamia,[106] e Aacros/Aatios[107] son descoñecidas, pero están no Quersoneso, como os demais lugares.
Pertinentia de Phitoto/Plit[h]oto.[108] A episkepsis de "P[l]ithoto". cruzados Tracia Oriental Descoñécese a localización exacta, posibelmente idéntica a Polyboton preto da moderna Keşan.[109]
Pertinentia de Galanatom.[108] A episkepsis de Galataria. cruzados Quersoneso Tracio? Descoñécese a localización exacta, posibelmente unha diocese e cidade preto de Kallipolis.[110]
Molinoto/Moliboton.[108] A vila de Molinoto/Moliboton. cruzados Quersoneso Tracio? Descoñécese a localización exacta, probabelmente no Quersoneso Tracio; as primeiras suxestións identificábano con Polyboton ou o pequeno mosteiro de San Nicolao preto da Porta Dourada, pero non cadra co contexto.[111]
Pertinentia de Jalocastelli/Hyalo Castelli.[108] A episkepsis de Hyelokastellion. cruzados Quersoneso Tracio? O nome Ὑελοκαστέλλιον significa "castelo de cristal". Descoñécese a súa localización exacta, pero está testemuñada como un lugar costeiro durante a revolta de Andrónikos Lapardas en 1183. Posibelmente no Quersoneso Tracio.[112]
Pertinentia Sirolefki/Sitoleuchi.[108] A episkepsis de "Sirolefki". cruzados Tracia Oriental Tafel e Thomas suxeriron unha identificación con Silta preto de Selimbria,[113] pero isto non cadra co contexto xeográfico, que suxire unha proximidade a Ainos.[114]
Catepanikium de Eno, cum apothikis.[108] O katepanikion de Ainos,[115] xuntamente cos almacéns. cruzados Tracia Oriental
Catepanikium de Russa, cum omnibus, que sub ipsa.[108] O katepanikion de Rusion,[116] coas súas dependencias. cruzados Tracia Oriental
Pertinentia de Agiovivario.[108] A episkepsis de Hagios Bibarios. cruzados Tracia Oriental O nome probabelmente deriva de agrion bibarion, "viveiro salvaxe", indicando unha situación en ou preto da moderno Parque Nacional do Lago Gala.[117]
Provintia Vardarii.[118] A provincia do río Vardar. cruzados Macedonia Occidental Esta provincia non está testemuñada. Segundo Zakythinos, parece estar relacionada cos vardariotas, un grupo túquico, maioritariamente maxiares, asentados na zona en séculos anteriores.[119]
Provintia Verye, cum cartularatis tam Dobrochubisti, quam et Sthlanitza.[118] A provincia de Veroia cos chartularata de Dobrochoubista e Sthlanitsa. cruzados Macedonia Occidental Tafel e Thomas suxeriron emendar Dobrochubista a Drogubitia,[120] e seguíronnos outros estudosos, pero o distrito aparece testemuñado noutras fontes, incluíndo a crisobula de 1198.[121] Sthlanitsa aparece igualmente testemuñada por Ana Comnena e Teofilacto de Ohrid.[122]
Pertinentia Girocomion.[118] A episkepsis asignada ao mantemento de coidados dos anciáns. cruzados Macedonia Occidental
Pertinentia Platamonos.[123] A episkepsis de Platamon cruzados Macedonia Occidental/Tesalia
Pertinentia Moliscu et Moglenon.[123] A episkepsis de Moliskos e Moglena cruzados Macedonia Occidental
Pertinentia Prilapi et Pelagonie cum Stano.[123] A provincia de Prilapos e Pelagonia con Stanos cruzados Macedonia Occidental Stanos como topónimo está ben testemuñado e menciónase frecuentemente xunto con Pelagonia, Prilapos, Soskos e Moliskos.[124][122]
Presepe et Dodecanisos.[123] A provincia de Prespes e as Cícladas cruzados Macedonia Occidental e Illas do Exeo O termo "Dodekanesos" ("Doce Illas") aparece por primeira vez en fontes bizantinas no século VIII como un dominio naval que ocupaba o sur do Mar Exeo. O termo permaneceu en uso durante a Idade Media para as Cícladas, e só nos séculos XIX/XX se transferiu ao moderno Dodecaneso.[125] O seu emprazamento no texto é infrecuente, ao ficar entre áreas da Grecia continental; se cadra é resultado dun erro do escribán ou, segundo Jean Longnon, un resultado dun intercambio, por medio do cal Ostrovos, reclamado orixinariamente polos cruzados, e as Cícladas, reclamadas por Venecia, se intercambiaron (agás Andros e Tinos), explicando así a situación inesperada de ámbalas dúas entradas no texto do tratado.[126]
Orion Larisse.[123] O chorion de Larissa. cruzados Tesalia
Provintia Blachie cum personalibus et monasterialibus in eis existentibus.[127] A provincia de Vlachia coas propiedades particulares e monásticas que hai nela.[128] cruzados Tesalia
Provintia Servion.[129] A provincia de Servia. cruzados Macedonia Occidental
Provintia Castorie et provintia Deavoleos.[129] A provincia de Kastoria e a provincia de Deabolis. cruzados Macedonia Occidental
Pertinentia Imperatricis, scilicet Vesna, Fersala, Domocos, Revenica, duo Almiri, cum Demetriadi.[129] A episkepsis da Emperatriz, especialmente Vesaina,[130] Pharsala,[131] Domokos,[132] Grebenika ou Rebenika, os dous Halmyroi,[133] con Demetrias[134] cruzados Tesalia A emperatriz é probabelmente Eufrosine Dukaina Camatera, esposa de Aleixo III.[135] Grebenika ou Rebenika é probabelmente un lugar en ou preto do río Rebenikos, que nace nos Montes Cinoscéfalos na Tesalia setentrional.[136])
Pertinentia Neopatron.[137] A episkepsis de Neopatras[138] cruzados Tesalia Non mencionada anteriormente como unidade administrativa.[139]
Provintia Velechative/Velicati.[140] A provincia de Velechativa. cruzados Tesalia Mencionada na crisobula de 1198, identificada tentativamente coa área do sitio de Belegezites preto de Demetrias e Tebas Ftiótica. Zakythinos propón unha identificación adicional co topónimo "Levachata", testmuñado en 1289 preto de Halmyros.[141][142]
Pertinentia Petritoniclis/Petrion Vietts/videlicet. Dipotamon. Cala[n]con/Talantum.[140] A episkepsis de Petrai, especialmente Dipotamon e Atalanti? cruzados Tesalia Tafel e Thomas emendan o inicio para leren "Petrion. Kelliae.", identificando o primeiro co Mosteiro de Nea Petra e o segundo coa zona do Monte Ossa mencionado por Ana Comnena.[143] Zakythinos rexeita esta lectura en favor do videlicet ("especialmente") do manuscrito Ambrosianus I.[144][145] A localización de Petrai (plural) é descoñecida.[144] "Dipotamon" (Διπόταμον, "Dous Ríos") pode estar situado entre os ríos Pineios e Rabenikos no norte de Tesalia, e se cadra debe ser identificado coa kleisura de Libotanion, coñecida desde a época de Aleixo I Comneno.[146][147] Tafel e Thomas identifican Calacon como o xenitivo de Galaza, un sufragáneo da Metrópole de Neopatras,[148] mentres que Zakythinos suxire ou a lectura Kalamos, ou, a partir da variante "Talantum" no Codex Sancti Marci, Atalanti.[144][149]
Pazi/Pazima et Radovisidon, et orium Athenarum, cum pertinentia Megarum.[140] Pazi/Pazima e Radobisdion,[150] e o chorion de Atenas, coa episkepsis de Megara[151] cruzados Tesalia e Ática A identidade e localización de Pazi/Pazima son descoñecidas.[144] Tafel e Thomas suxiren a cidade e diocese de Stagoi en Tesalia,[152] mentres que Carile suxeriu a diocese de Patzuna, só coñecida como unha sufragánea da Metrópole de Larisa.[153]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os termos bizantinos equivalentes serían polis ("cidade") ou kastron ("fortaleza").[1]
  2. O termo latino pertinentia é un equivalente ao distrito fiscal bizantino de episkepsis, que normalmente pertence á facenda imperial, monástica ou privada.[1][2]
  3. O termo casale podería equivaler a chorion ("aldea") ou proasteion ("landed estate").[18]
  4. Un tipo de subdivisión dun thema que aparece a finais do século XII exclusivamente na Grecia meridional[51].[52]
  5. Un chartoularaton era un tipo especial de distrito fiscal e administrativo, baixo o mando dun chartoularios, correspondente aparentemente a áreas de asentamento eslavo[51]
  1. 1,0 1,1 Maksimović 1988, p. 35.
  2. Zakythinos 1941, pp. 241–243.
  3. Tafel & Thomas 1856, p. 464.
  4. Külzer 2008, pp. 264–267.
  5. Külzer 2008, pp. 530–532.
  6. Soustal 1991, pp. 223–224.
  7. Zakythinos 1948, p. 54.
  8. Tafel & Thomas 1856, pp. 464, 465 (nota 5).
  9. Soustal 1991, p. 418.
  10. Carile 1965, pp. 218, 248.
  11. Tafel & Thomas 1856, p. 465.
  12. Külzer 2008, p. 408.
  13. Külzer 2008, p. 307.
  14. Külzer 2008, p. 609.
  15. Tafel & Thomas 1856, pp. 465–466.
  16. Tafel & Thomas 1856, p. 466.
  17. Külzer 2008, pp. 370–373.
  18. Maksimović 1988, pp. 35, 37–38.
  19. Tafel & Thomas 1856, pp. 466, 467 (notas 4–6).
  20. Külzer 2008, p. 450.
  21. Külzer 2008, p. 540.
  22. Külzer 2008, p. 316.
  23. Külzer 2008, pp. 314–315, 316.
  24. 24,0 24,1 24,2 Tafel & Thomas 1856, p. 467.
  25. Külzer 2008, pp. 578–579.
  26. Külzer 2008, pp. 298–299, 379.
  27. Külzer 2008, pp. 401–411.
  28. Külzer 2008, p. 613.
  29. Külzer 2008, p. 623.
  30. Tafel & Thomas 1856, pp. 467–468.
  31. Külzer 2008, p. 426.
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 Tafel & Thomas 1856, p. 468.
  33. Külzer 2008, pp. 489, 490.
  34. Külzer 2008, p. 539.
  35. Külzer 2008, p. 650.
  36. Zakythinos 1951, pp. 186–188.
  37. Tafel & Thomas 1856, p. 468 (nota 10).
  38. Zakythinos 1951, p. 206 (nota 1).
  39. 39,0 39,1 39,2 39,3 39,4 39,5 Tafel & Thomas 1856, p. 469.
  40. Zakythinos 1951, pp. 190–191.
  41. Zakythinos 1951, pp. 189–190.
  42. Nicol 1992, p. 156.
  43. Zakythinos 1951, p. 188.
  44. Kiesewetter, Andreas (2006). "Preludio alla Quarta Crociata? Megareites di Brindisi, Maio di Cefalonia e la signoria sulle isole ionie (1185-1250)". En Gherardo Ortalli, Giorgio Ravegnani, Pater Schreiner. Quarta Crociata. Venezia - Bisanzio - Impero latino. Atti delle giornate di studio. Venezia, 4-8 maggio 2004 (en Italian). Venecia: Istituto veneto di scienze, lettere ed arti. p. 343. ISBN 8888143742. 
  45. Tafel & Thomas 1856, pp. 469–470 (notas 8–10).
  46. Zakythinos 1951, pp. 196–197.
  47. Tafel & Thomas 1856, p. 470 (nota 11).
  48. Zakythinos 1951, p. 197.
  49. Carile 1965, pp. 258–259.
  50. Tafel & Thomas 1856, pp. 469–470.
  51. 51,0 51,1 Koder & Hild 1976, p. 67.
  52. Zakythinos 1941, p. 248.
  53. Zakythinos 1941, pp. 248–249.
  54. Zakythinos 1951, pp. 185–186.
  55. Zakythinos 1951, p. 186.
  56. Tafel & Thomas 1856, pp. 470–472.
  57. 57,0 57,1 Zakythinos 1951, p. 194.
  58. Tafel & Thomas 1856, p. 472.
  59. Zakythinos 1951, pp. 198–199.
  60. Zakythinos 1951, pp. 199–200.
  61. Zakythinos 1951, pp. 200–201.
  62. Zakythinos 1951, pp. 201–205.
  63. Tafel & Thomas 1856, pp. 472–473.
  64. 64,0 64,1 Tafel & Thomas 1856, p. 473.
  65. Tafel & Thomas 1856, pp. 473–474.
  66. Carile 1965, p. 231.
  67. 67,0 67,1 Tafel & Thomas 1856, p. 475.
  68. Zakythinos 1949, p. 3.
  69. Zakythinos 1949, p. 4.
  70. Tafel & Thomas 1856, pp. 475–476.
  71. 71,0 71,1 71,2 Tafel & Thomas 1856, p. 476.
  72. Tafel & Thomas 1856, pp. 476–477.
  73. Tafel & Thomas 1856, pp. 477–478.
  74. 74,0 74,1 74,2 Tafel & Thomas 1856, p. 478.
  75. Zakythinos 1949, pp. 3–4.
  76. Tafel & Thomas 1856, pp. 478–479.
  77. Kazhdan, Alexander: s.u. Neokastra in The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford and New York. Oxford University Press. p. 1428}}
  78. Ahrweiler, Hélène (1965). "L'Histoire et la Géographie de la région de Smyrne entre les deux occupations turques (1081–1317)". Travaux et mémoires 1 (en French). Paris: Centre de recherche d'histoire et civilisation de Byzance. pp. 134–135. 
  79. 79,0 79,1 79,2 Tafel & Thomas 1856, p. 479.
  80. Carile 1965, p. 218.
  81. Thonemann 2011, p. 275 nota 95.
  82. 82,0 82,1 82,2 82,3 Tafel & Thomas 1856, p. 480.
  83. Soustal 1991, p. 265.
  84. Soustal 1991, p. 560.
  85. Soustal 1991, p. 328.
  86. 86,0 86,1 86,2 86,3 86,4 86,5 Tafel & Thomas 1856, p. 481.
  87. Soustal 1991, p. 257.
  88. Soustal 1991, p. 241.
  89. Soustal 1991, pp. 330–331.
  90. Külzer 2008, p. 577.
  91. Külzer 2008, p. 446.
  92. Tafel & Thomas 1856, p. 482 (nota 5).
  93. Soustal 1991, pp. 200–201.
  94. 94,0 94,1 Tafel & Thomas 1856, p. 482.
  95. Soustal 1991, p. 342.
  96. Soustal 1991, p. 483.
  97. Soustal 1991, p. 217.
  98. Külzer 2008, p. 555.
  99. Soustal 1991, pp. 384, 437.
  100. 100,0 100,1 Tafel & Thomas 1856, p. 483.
  101. Külzer 2008, p. 501.
  102. Külzer 2008, pp. 247–248.
  103. Külzer 2008, pp. 595–596.
  104. Külzer 2008, pp. 459–460.
  105. Külzer 2008, p. 677.
  106. Külzer 2008, p. 600.
  107. Külzer 2008, p. 235.
  108. 108,0 108,1 108,2 108,3 108,4 108,5 108,6 108,7 Tafel & Thomas 1856, p. 484.
  109. Külzer 2008, pp. 598, 599.
  110. Külzer 2008, p. 369.
  111. Külzer 2008, pp. 536–537.
  112. Külzer 2008, p. 414.
  113. Tafel & Thomas 1856, p. 484 (nota 5).
  114. Külzer 2008, p. 652.
  115. Soustal 1991, p. 170.
  116. Külzer 2008, p. 621.
  117. Külzer 2008, p. 287.
  118. 118,0 118,1 118,2 Tafel & Thomas 1856, p. 485.
  119. Zakythinos 1951, pp. 206–208.
  120. Tafel & Thomas 1856, pp. 485–486 (nota 5).
  121. Zakythinos 1951, pp. 208–209.
  122. 122,0 122,1 Zakythinos 1951, p. 209.
  123. 123,0 123,1 123,2 123,3 123,4 Tafel & Thomas 1856, p. 486.
  124. Tafel & Thomas 1856, p. 486 (nota 3).
  125. Zakythinos 1941, pp. 254–256.
  126. Zakythinos 1951, p. 189.
  127. Tafel & Thomas 1856, pp. 486–487.
  128. Zakythinos 1951, p. 191.
  129. 129,0 129,1 129,2 Tafel & Thomas 1856, p. 487.
  130. Koder & Hild 1976, p. 134.
  131. Koder & Hild 1976, pp. 238–239.
  132. Koder & Hild 1976, p. 148.
  133. Koder & Hild 1976, p. 170.
  134. Koder & Hild 1976, p. 145.
  135. Koder & Hild 1976, p. 67 (nota 194).
  136. Koder & Hild 1976, p. 251.
  137. Tafel & Thomas 1856, pp. 487–488.
  138. Koder & Hild 1976, p. 223.
  139. Zakythinos 1951, p. 192.
  140. 140,0 140,1 140,2 Tafel & Thomas 1856, p. 488.
  141. Zakythinos 1941, pp. 273–274.
  142. Koder & Hild 1976, p. 133.
  143. Tafel & Thomas 1856, p. 488 (notas 3 & 4).
  144. 144,0 144,1 144,2 144,3 Zakythinos 1951, p. 193.
  145. Carile 1965, p. 286.
  146. Tafel & Thomas 1856, p. 488 (nota 5).
  147. Koder & Hild 1976, p. 285.
  148. Tafel & Thomas 1856, p. 489 (nota 6).
  149. Koder & Hild 1976, p. 126.
  150. Koder & Hild 1976, pp. 249–250.
  151. Koder & Hild 1976, p. 215.
  152. Tafel & Thomas 1856, p. 489 (nota 7).
  153. Koder & Hild 1976, p. 232.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]