Tinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tinos
Τήνος
Greece Tinos2.jpg
Localización da illa
Localización da illa
Situación
País Grecia Grecia
Periferias de Grecia Exeo Meridional
Arquipélago Cícladas
Mar Mar Exeo
Coordenadas 37°32′N 25°10′L / 37.533, -25.167Coordenadas: 37°32′N 25°10′L / 37.533, -25.167
Xeografía
Xeoloxía Illa marítima
Superficie 194´428 km²
Punto máis alto 729 m. Monte Tsiknias
Demografía
Capital Tinos
Poboación 8.636 hab (2011)
Densidade 44´4 hab./km²
Lingua propia Grego

Tinos (en grego: Τήνος) é unha illa grega no mar Exeo. É parte das Cícladas entre Andros e Delos. A súa superficie é duns 350 km². Ten unha poboación ao redor de 8.000 habitantes e unha densidade de 40 a 50 hab./km².

De 1207 a 1715 era un protectorado Veneciano antes de estar baixo dominación do imperio otomán ata 1821 cando integro o novo estado de Grecia.

A antiga cidade de Tinos atopábase ao suroeste da illa o lugar onde hoxe esta Aios Nikólaos, a capital actual. Nos seus arredores atopábase un templo dedicado a Poseidón, situado nunha cova, no que se celebraban festivais aos que asistían case todos os habitantes da illa. Poseidón aparece nas moedas de Tinos. Outra cidade da illa foi Eríston, no interior, onde agora está o pobo de Komi. Unha curiosidade de Tenos era unha fonte de auga da que non se podía mesturar co viño, que era e é o produto principal da illa, onde destaca a malvasía, orixinalmente xurdido en Monemvasia , no Peloponeso.

Historia antiga[editar | editar a fonte]

Os seus nomes antigos foron Hidrussa e Ofiüssa. Este último nome foi debido á abundancia de serpes.

Cando Xerxes invadiu Grecia os habitantes tiveron que aceptar o dominio persa e servir ao seu exército. Un trirreme da illa desertou na Batalla de Salamina (480 a. C.) e, así, o nome de Tinos foi inscrito en Delfos entre os estados gregos que derrotaran os persas. Tamén tiveron o nome inscrito na estatua de Zeus en Olimpia con todos os estados que combateran en Platea. Posteriormente foron aliados de Atenas, cidade á que pagaban un tributo de 3.600 dracmas.

Alexandre de Feres posuíu a illa por un tempo, e despois Marco Antonio cedeuna a Rodas.

Tras a conquista de Constantinopla polos latinos, Tinos pasou a Venecia ata que a cederon ao Imperio Otomán por mor da paz de Passarowitz en 1718.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Paisaxe da illa
Vista da vila de Tinos
vila de Kardiani
entrada da igrexa

Tinos ten unha paisaxe variada. Desde as ribeiras de Panormos e Kolimbithra na costa norte a Kionia, Agios Yannis O Portos, e Agios Sostis na costa sur, Tinos ten moitas praias. Tsiknias é a montaña máis alta da illa con 750 m e alberga a vila de Livada. A montaña de Exomvourgo ou Exobourgo (grego: Εξώμβουργο/Εξώμπουργκο) é moi distinta, a diferenza das súas veciñas cicládicas máis redondeadas, ten un aspecto irregular que ten máis parecido aos Alpes. Entre Tsiknias e Exobourgo atópase a fértil chaira de Falatados. Esta zona é única na illa co seu terreo relativamente plano (aínda que cunha altura duns 300 m) é rara na illa. Isto fixo que fora unha gran candidata para albergar o aeroporto da illa. Os ventos Meltemi e as protestas dos habitantes locais das cidades de Falatados e Steni detiveron o proxecto.

A área ao redor de Volax é unha paisaxe surrealista e moi inusual con rocas xigantes algunhas do tamaño de edificios de varios pisos. O pobo de Volax atópase no centro desta paisaxe. Ao oeste, as montañas dos alrededores de Pyrgos están cheos de algúns dos máis belos mármores verde de Grecia.

Todo ao redor da illa de Tinos, os insulares fixeron as cousas máis inusuais en pedra. Os outeiros son socalcos con muros de pedra e todos os pobos están conectados aos seus veciños máis próximos por carreiros de pedra fixados entre un conxunto paralelo das paredes de pedra.

Os recursos minerais da illa inclúen mármore, Verde antico, amianto e unha mina de granito preto Volax (tamén coñecido como Volakas).

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tinos Modificar a ligazón no Wikidata