Imperio de Nicea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio de Nicea

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°25′44″N 29°43′10″L / 40.4289, 29.7194Coordenadas: 40°25′44″N 29°43′10″L / 40.4289, 29.7194
CapitalNicea Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua grega Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1204 Editar o valor em Wikidata
Disolución1261 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata

O Imperio de Nicea foi o maior dos estados fundados polos refuxiados do Imperio bizantino trala conquista de Constantinopla polos occidentais durante a Cuarta Cruzada. Durou de 1204 a 1261.

Fundación[editar | editar a fonte]

O Imperio Latino, o Imperio de Nicea, o Imperio de Trebisonda e o Despotado de Epiro. As fronteiras son imprecisas.

En 1204, o emperador bizantino Aleixo V Ducas fuxiu de Constantinopla no canto de facer fronte ao exército cruzado. Teodoro I Láscaris, xenro de Aleixo III Anxo, foi proclamado emperador, pero esta tamén tivo que fuxir á cidade de Nicea en Bitinia, ao comprender que a situación en Constantinopla resultaba insostíbel.

O Imperio Latino, establecido polos cruzados en Constantinopla, non logrou establecer o seu control sobre o antigo territorio bizantino, polo que xurdiron estados sucesores do dominio bizantino en Epiro e Trebisonda, así como en Nicea. Pero Nicea era a máis próxima ao Imperio Latino e atopábase na mellor posición para intentar restablecer o Imperio Bizantino. Teodoro I Láscaris non logrou un éxito inmediato -foi derrotado en Poemaneum e Bursa en 1204-, pero si puido arrebatarlle gran parte de Anatolia noroccidental ao emperador latino Balduíno I, cando a este non lle quedou máis remedio que defenderse dos ataques de Kaloyan de Bulgaria. Teodoro tamén derrotou a un exército de Trebisonda, así como a outros rivais menores, facéndose co máis poderoso dos estados sucesores de Bizancio. En 1206 Teodoro proclamouse a si mesmo emperador en Nicea.

Durante os seguintes anos, establecéronse e romperon numerosas treguas e alianzas, segundo se desenvolvían as loitas entre os distintos estados sucesores de Bizancio, o Imperio Latino e os turcos selxúcidas de Iconio ou Sultanato de Rüm (cuxo territorio tamén era fronteirizo co de Nicea). Teodoro tratou de reforzar os seus dereitos nomeando un novo Patriarca de Constantinopla en Nicea. En 1219 casou coa filla da emperatriz latina Iolanda de Flandres, pero morreu en 1222 e foi sucedido polo seu fillo político Xoán III Ducas Vatatzés.

Expansión[editar | editar a fonte]

En 1224 o reino latino de Tesalónica foi anexionado polo déspota de Epiro, pero en 1230 o propio Epiro caeu en mans dos búlgaros. Con Trebisonda carente dun poder real, Nicea era o único estado bizantino que quedaba, e Xoán III expandiu o seu territorio ata o mar Exeo. En 1235 aliouse con Iván II de Bulgaria, permitíndolle a este estender a súa influencia a Tesalónica e Epiro. En 1242 os mongois invadiron o territorio selxúcida e, aínda que Xoán III temeu que a continuación o atacasen tamén a el, ao cabo acabaron coa ameaza selxúcida sobre Nicea. En 1245 Xoán aliouse co Sacro Imperio a través do seu matrimonio con Constanza Ana, filla de Federico II. Cara a 1248 Xoán derrotara aos búlgaros e rodeara o Imperio Latino, e seguiu reconquistando territorios latinos ata a súa morte en 1254.

Teodoro II Láscaris, o fillo de Xoán III, tivo que facer fronte a invasións búlgaras en Tracia, pero defendeu con éxito o seu territorio. Epiro tamén se rebelou, aliándose con Manfredo de Sicilia, e Teodoro II morreu en 1258. Xoán IV Ducas Láscaris sucedeuno, pero como aínda era un neno, reinou baixo a rexencia do xeneral Miguel Paleólogo. Miguel proclamouse coemperador (como Miguel VIII) en 1259, e conseguiu derrotar un ataque combinado de Manfredo, o déspota de Epiro e o príncipe latino de Acaia na batalla de Pelagonia.

Reconquista de Constantinopla[editar | editar a fonte]

En 1260 Miguel comezou o asalto da propia Constantinopla, algo que os seus predecesores fora incapaces de levar a cabo. Aliouse con Xénova e o seu xeneral Alexios Strategopoulos dedicou meses a estudar Constantinopla para planear o seu ataque. En xullo de 1261, mentres que gran parte do exército latino loitaba noutro lugar, Alexios puido convencer aos gardas de que abrisen as portas da cidade. Unha vez dentro, incendiou o barrio veneciano (pois Venecia era a inimiga de Xénova e en gran medida a responsábel da toma da cidade en 1204). Miguel foi recoñecido emperador poucas semanas máis tarde, restaurando o Imperio Bizantino.

Os habitantes do Imperio restaurado consideraron ao Imperio de Nicea como o verdadeiro sucesor do Imperio Bizantino, malia aínda seguiren existindo o Imperio de Trebisonda e o principado latino de Acaia. Acaia sería pronto reconquistada, pero Trebisonda permaneceu independente ata a conquista otomá. O Imperio restaurado tivo que facer fronte desde entón á nova ameaza que representaban os turcos otománs que xurdiron en substitución dos derrotados selxúcidas.

Emperadores de Nicea[editar | editar a fonte]