Domokós
| Δομοκός (el) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Grecia | |||
| Administracións descentralizadas | Decentralized Administration of Thessaly and Central Greece (en) | |||
| Periferias | Grecia Central | |||
| Prefecturas | Ftiótida (pt) | |||
| Concello | Domokos Municipality (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.814 (2021) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 350 10 | |||
| Prefixo telefónico | 2232 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | domokos.gr | |||
Domokós (en grego: Δομοκός) é unha vila situada na prefectura da Ftiótida, en Grecia. A súa poboación era de 2.144 habitantes, de acordo co censo de 2011. É a capital da provincia homónima, como tamén a sede do concello homónimo, que inclúe 16 distritos municipais.
Domokos é o centro da vida comercial da provincia, dispón dunha serie de servizos públicos (xulgados, policía, correos e bancos) e establecementos comerciais de todos tipo. Sitúase a trinta quilómetros de Lamía e a vinte e cinco quilómetros de Farsalo.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe do seu nome ven da antiga cidade de Táumaco (Thafmako), localizada no mesmo lugar. A etimoloxía do nome viría de θαυμάσια (thaumásia), que significa "admirable", "marabillosa", debido á posición xeográfica da cidade, elevándose sobre a planicie da Tesalia. Tivo unha gran prosperidade durante a Idade Media, e foi unha das cidades que pertencían a Eufrosina, esposa do emperador bizantino.
Despois da conquista de Bizancio polos francos, a cidade pasou ao poder do rei de Tesalónica, Bonifacio. En 1393 Domokós foi ocupada polos turcos otománs; foi liberada en 1881 e recapturada en 1897 despois dunha batalla feroz, que ocorreu sobre as seguintes condicións: o exército grego, que tivo que recuar dende a fronteira coa Tesalia, estabeleceu base no planalto de Domokós; o exército turco pasou os seguintes días cercando o exército grego, ata que finalmente o conseguiron. Os gregos defendéronse con forza, e como resultado da encrucillada no monte Kassidiaris, a cidade volveu ás mans dos gregos despois da independencia de Grecia.
A outra cidade da provincia de Domokós é Ághios Stéfanos ("San Estevo"), antiga Nezerós.
