Pías, Ponteareas
Pías | |
---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Pías. | |
Concello | Ponteareas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°13′02″N 8°29′40″O / 42.217138888889, -8.4944444444444 |
Poboación | 462 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Pías é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 462 habitantes (212 homes e 250 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.
Situación
[editar | editar a fonte]Pías está situada entre Ponteareas e Mondariz, a seis quilómetros de Ponteareas e a tres quilómetros de Mondariz.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na parroquia localízase o castro de Troña.
A igrexa parroquial de Santa Mariña de Pías é do século XVIII, considérase unha igrexa de estilo neoclásico, aínda que sufriu diversas reformas e engadidos posteriores. Ten un retablo de San Bieito, tallado en 1774, e un grupo escultórico de alabastro que representa a San Xoán Bautista bautizando a Cristo. É moi coñecida pola sona milagreira de San Bieito de Pías, na honra do que se que se celebran (dúas veces ao ano) as festas máis importantes.
Fronte a igrexa está a casa reitoral, construída en 1781, con corpo de torre e escudo.
Hai dúas capelas: a do Doce Nome, sobre o castro de Troña, e a de Santa Tegra[3], con romaría.
Tradicións
[editar | editar a fonte]A tradición di que se a unha persoa lle aparece unha verruga nalgunha parte do corpo e quere quitala, ten que ofrecerse a San Benito de Pías. A ofrenda consiste nunha ducia de ovos, que teñen que ser recollidos na aldea do ofrecido, pedindo un ovo a cada veciño. Unha vez conseguida a ducia de ovos, hai que levarlla e acenderlle unha candea. En pouco tempo a verruga desaparece.
Pías na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Como o sol reloce/ a Virxe de Pías/ no viaxe primeiro/ destas romerías [4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Pías, Ponteareas.
-
Igrexa de Santa Mariña de Pías.
-
Castro de Troña e capela.
-
Cruceiro no castro de Troña.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pías
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Pías no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
Chans | A Costeliña | Cotobade | A Cruz | A Ermida | A Lenguda | O Outeiro | A Pontacóns | O Souto do Pazo | O Toxo |
Parroquias de Ponteareas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Ermita de Santa Trega de Pías". Galicia Máxica.
- ↑ Refírese a Santa Mariña de Pías, unha parroquia de Ponteareas próxima á Franqueira. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979), 393.