Luneda, A Cañiza
| Luneda | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | A Cañiza[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°09′38″N 8°18′57″O / 42.16047222, -8.31583333 |
| Poboación | 163 hab. (2013) |
| Entidades de poboación | 36[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Luneda é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 163 habitantes (84 mulleres e 79 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 314 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome tradicional en galego desta parroquia era Lueda ou Loeda, pero a intensa castelanización da toponimia que se deu no século XVII nas áreas próximas á fronteira portuguesa acabou por impoñer a forma castelanizada (hoxe tense constancia de que o nome galego sobreviviu na fala das inmediacións)[2].
Ten paralelo en dous topónimos da provincia de Ourense: o nome da parroquia de Loeda (Piñor) e tamén hai un Lueda en Bande. Segundo Gonzalo Navaza, a documentación do mosteiro de Melón garante que as persoas apelidadas Lueda e Loeda da comarca do Ribeiro son orixinarias desta parroquia chamada hoxe en día Luneda[2].
De feito, o nome oficial desta parroquia ía ser Lueda (Santa María) e o do concello A Caniza[3], pero houbo unha rectificación e o nome oficial continúa a estar castelanizado. No entanto, coa entrada en vigor do novo Nomenclátor vaise restituír a forma galega para A Caniza[4].
Xeografía
[editar | editar a fonte]Baña a parroquia o rego Cortegaza[5], afluente do río Deva. Limita ao norte coa parroquia das Achas e ao sur con Mourentán (Arbo).
Historia
[editar | editar a fonte]Dependía da encomenda da freguesía de Santa María de Beade a través da orde de San Xoán de Xerusalén[6].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santa María ten unha espadana de dúas campás. Amais existe unha capela adicada a San Roque e outra ermida adicada á Angustia no lugar do Lagarto, de propiedade particular.
Nesta parroquia atópase situada a casa e a Fundación Mundonatura.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Capela de San Roque.
-
Escultura en homenaxe ao fotógrafo Xosé Gil y Gil.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Luneda
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Luneda no concello da Cañiza (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Abelleira | Os Blancos | O Candán | O Carballo | O Carnal | A Carreira | A Casavella | A Castiñeira Vella | A Chan | Os Cortizos | A Costa | O Cotiño | O Coto do Mouro | O Coto do Muíño | Éichegas | A Ermida | Fraguas | Gonda | O Lagarto | Luneda | O Outeiro | O Palleiro | O Pereiro | A Porteliña | O Quinteiro | Raxoi | Requeixos | A Revoltiña | O Sabugueiro | San Roque | A Senra | O Souto | As Táboas | O Teso | O Touredo | Vilariño |
Parroquias da Cañiza
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ 2,0 2,1 Agrelo, Ana Isabel Boullón; Méndez, Luz. "Estudos de Onomástica Galega II. Os nomes e os apelidos". Real Academia Galega. p. 37. Consultado o 2025-09-26.
- ↑ "DOG 114 do 16/06/1998 - DECRETO 171/1998, do 28 de maio, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de Carral (A Coruña) e Arbo, Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Catoira, Crecente, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, A Lama, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Pazos de Borbén, Pontecesures, O Porriño, Portas, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Vigo e Vilanova de Arousa (Pontevedra).". www.xunta.gal. Consultado o 2025-09-26.
- ↑ "A Real Academia Galega celebra a aprobación da proposta de actualización do Nomenclátor por parte da Comisión de Toponimia". Real Academia Galega. 2025-07-18. Consultado o 2025-09-26.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ Francisco Ávila y la Cueva (1852): Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado.