Jordi Turull

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordi Turull
Nacemento6 de setembro de 1966
Lugar de nacementoParets del Vallès
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónpolítico, profesor universitario e avogado
CónxuxeBlanca Bragulat Rovira
Na rede
IMDB: nm4513931 Facebook: jturullnegre Twitter: jorditurull Instagram: jordi.turull Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jordi Turull i Negre, nado en Parets del Vallès (Barcelona) o 6 de setembro de 1966, é un político catalán, membro do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT). Foi deputado no Parlament de Catalunya entre 2004 e 2018, e en 2017 exerceu de conselleiro de Presidencia e voceiro do Govern.

Licenciado en dereito, militou desde novo en Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e comezou a súa traxectoria política como concelleiro na súa localidade natal. Posteriormente, pertenceu aos grupos parlamentarios de Convergència i Unió (CiU), Junts pel Sí (JxSí) e Junts per Catalunya (JxCat), chegando a ser na IX lexislatura o presidente do grupo de Junts pel Sí. Foi cesado como conselleiro do executivo catalán en outubro de 2017 tras a aplicación do artigo 155 da Constitución española en Cataluña.

Desde marzo de 2018 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión, malversación e sedición en relación coa celebración do referendo de independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019 e en outubro dese mesmo ano foi condenado polo Tribunal Supremo de España a 12 anos de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Camps, Josep Maria (14 de outubro de 2019). 324.cat, ed. "Penes d'entre 13 i 9 anys de presó per al govern de l'1-O, la presidenta del Parlament i els presidents d'Òmnium i ANC". Consultado o 14 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]