Saltar ao contido

Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
Implicados
 Reitor/a
Datas
 Fundación / creación
1997 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de membros
1.690 (2024)
621 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Número de estudantes
   22.266 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Orzamento
   58.000.000 € (2024) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
Vic Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF145711536 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000098331350 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0cp3pzl Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI115304662 e P4310322225 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: UniversitatdeVic Twitter: uvic_ucc Instagram: uvic_ucc BNE: XX164408 Dialnet: 819119 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña (en catalán e oficialmente: Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya), (UVic-UCC), recoñecida pola Lei do Parlamento de Cataluña 5/1997, de 30 de maio, é unha universidade de natureza pública e de xestión privada establecida na cidade de Vic, na provincia de Barcelona, rexida pola Fundació Universitària Balmes que preside o alcalde de Vic.

É unha institución dedicada á educación superior e á investigación mediante a docencia e a formación continuada, e ten os seus fundamentos no principio de autonomía universitaria, expresada na liberdade de cátedra, de investigación e de estudo. A UVic-UCC é membro da Xarxa Vives d'Universitats e ademais de en Vic, ten campus en Manresa e Granollers.

O emblema da Universidade de Vic é o A de Carlomagno, peza de ourivaría carolingia que simboliza os principios do saber e a súa expansión ilimitada. A divisa que orienta á universidade, Scientiae patriaeque impendere vitam, é un verso de Lucano que significa "Dedicar a vida ao servizo da ciencia e a comunidade".

  • 1599. O 26 de xuño, o rei Filipe III concedía ao Estudo Xeral de Vic o privilexio de graduar aos estudantes en Artes e Filosofía. Comezaba a Universidade Literaria de Vic.
  • 1717. Como represalia pola Guerra de Sucesión, o rei Filipe V suprimiu todas as universidades catalás porque foran contrarias á súa causa e fundou a Universidade de Cervera, cidade que lle foi leal. A Universidade Literaria de Vic foi a última en depor os graos, en 1717.
  • 1749. Fúndase o Seminario de Vic. A existencia do Seminario implicou o retorno dos estudos superiores de Teoloxía á cidade. Neste século arraiga con forza a tradición do Estudante de Vic. A cidade converteuse nun foco cultural importante da Renaixença. Personalidades do talle de Jaume Balmes, Jacint Verdaguer ou o Canonge Collell, e institucións como a Biblioteca Episcopal, o Círcol Literari ou o propio Seminario son exemplos ilustrativos.
  • 1873. O Concello da cidade intentou sen éxito refundar a Universidade de Vic, exemplo que expresa a preocupación cidadá por conseguir un centro civil de ensino superior.
  • 1977. Creación da Escola Universitaria de Mestres "Jaume Balmes" de Vic, adscrita á Universidade de Barcelona.
  • 1979. Creación de Eumo Editorial (EUMO é o acrónimo de Escola Universitaria de Mestres de Osona).
  • 1984. Creación de Eumogràfic, estudo de deseño.
  • 1987-1988. Primeiro curso dos Estudos Universitarios de Vic con tres escolas universitarias:
  • 1989-1990. Primeiro curso da Escola Universitaria Politécnica de Osona.
  • 1993-1994. Primeiro curso da Facultade de Tradución e Interpretación.
  • 1997. O 21 de maio celebrouse a sesión plenaria do Parlamento de Cataluña que aprobou a Lei de Recoñecemento da Universidade de Vic por unanimidade de todos os grupos políticos. Recuperábase así, 280 anos máis tarde, a última das universidades suprimidas por Filipe V.
Reitor/aMandato
Ricard Torrents i Bertrana1997 - 2002
David Serrat i Congost2002 - 2006
Assumpta Fargas i Riera2006 - 2010
Jordi Montaña i Matosas2010 - 2018
Joan Masnou Suriñach Jul 2018 - Des 2018
Josep Eladi Baños 2019 -

Centros adscritos

[editar | editar a fonte]
  • BAU Centre Universitario de Deseño
  • Escola de Alta Dirección e Administración
  • Escola de Cinema de Barcelona (ECIB)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]