Pere Aragonès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pere Aragonès
Sant Jordi 2018 DC74869 (26976554017) (cropped).jpg
Nacemento16 de novembro de 1982
 Pineda de Mar
NacionalidadeEspaña
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Barcelona, John F. Kennedy School of Government e Universidade Aberta de Cataluña
Ocupaciónpolítico, catedrático de universidade e xurista
CónxuxeJanina Juli Pujol
Signatura Pere Aragonès i Garcia.png
editar datos en Wikidata ]

Pere Aragonès i Garcia, nado en Pineda de Mar, Maresme, o 16 de novembro de 1982, é un político catalán, vicepresidente e conselleiro de Economía e Facenda dende o 19 de maio de 2018, asumindo algunhas funcións do presidente da Generalitat de Cataluña dende 30 de setembro de 2020 por mor da inhabilitación de Quim Torra.[1][2][3] Foi membro do Parlamento de Cataluña por ERC[4] e secretario de Economía do Goberno de Cataluña 2016-2017.[5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É neto de Josep Aragonès i Montsant, empresario hoteleiro e téxtil, alcalde de Pineda de Mar durante o franquismo, e posteriormente, despois da integración de Reforma Democràtica de Catalunya (da cal foi presidente) en Alianza Popular de Cataluña, tamén durante o período democrático.[7][8][9] O seu pai (Pere Aragonès Poch) foi rexedor independente na lista de Convergència de Pineda de Mar entre 1991 e 1995.[10][11]

Pere Aragonès estudou na escola Mare de Déu del Roser de Pineda de Mar.[12] Posteriormente licenciouse en Dereito pola Universidade Aberta de Cataluña e fixo un mestrado en Historia Económica pola Universidade de Barcelona, ampliando estudos en políticas públicas para o desenvolvemento económico na Kennedy School of Government da Universidade Harvard. No presente, está a realizar o programa de Doutoramento en Historia Económica na Universidade de Barcelona. Traballou nun despacho de avogados especializado en asesoramento xurídico a empresas e administracións públicas, colaborou como investigador co Instituto Ignasi Villalonga de Economía e Empresa, e como docente na Universidade de Perpiñán.[13][14] En xullo de 2017 casou con Janina Juli, e en 2019 naceu a súa filla Clàudia.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 324cat, ed. (30 de setembro de 2020). "Pere Aragonès ja assumeix funcions de president" (en catalán). Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  2. "Pere Aragonès asume las funciones de President tras publicarse en el DOGC el decreto de sustitución" (en castelán). 30 de setembro de 2020. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  3. 324esp, ed. (30 de setembro de 2020). "Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya" (PDF) (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  4. esquerra.cat (ed.). "Biografia Pere Aragonès" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 18 de xaneiro de 2016. 
  5. lavanguardia.com (ed.). "Pere Aragonès será el secretario de Economía y Lluís Salvadó de Hisenda". Consultado o 18 de xaneiro de 2016. 
  6. "DECRET 36/2016, de 19 de gener, pel qual es nomena el senyor Pere Aragonès i Garcia secretari d'Economia del Departament de la Vicepresidència i d'Economia i Hisenda." (en catalán). Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  7. Fars, Francesc (2009). "Industrial Aragonès, SA (IASA)". El Maresme, una comarca que treballa: 30. 
  8. Juanatey, Héctor (30 de decembro de 2019). "Pere Aragonés, posible sustituto de Quim Torra: padre primerizo, familia hotelera y abuelo alcalde en el franquismo". Vanity Fair (en castelán). 
  9. Aragonès i Martínez, Jordi (2017). "Els orígens catalans del Partit Popular (III)". Ab Origine Magazine (en catalán). Consultado o 24 de xaneiro de 2020. 
  10. Gregori, Magda (febreiro de 2020). Editorial Pòrtic, ed. "Pere Aragonès:l'independentisme pragmàtic" (en catalán). Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  11. "Padre primerizo, nieto de un alcalde franquista y negocios hoteleros: la vida de Pere Aragonès" (en castelán). 29 de setembro de 2020. Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  12. Redacció (6 de febreiro de 2020). "La predicció d'una mestra de Pere Aragonès que està a punt de complir-se" (en catalán). Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  13. gencat.cat (ed.). "Dades biogràfiques" (en catalán). Consultado o 18 de xaneiro de 2016. 
  14. Currículum dels membres del govern.
  15. Twitter, ed. (8 de marzo de 2019). "Twit de Pere Aragonès" (en catalán). Consultado o 4 de outubro de 2020.