Santi Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHonorábel Editar o valor em Wikidata
Santi Vila

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Santiago Vila i Vicente Editar o valor em Wikidata
15 de marzo de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Granollers, España Editar o valor em Wikidata
Conseller d'Empresa i Coneixement (pt) Traducir
3 de xullo de 2017 – 26 de outubro de 2017
← Jordi Baiget i CantonsÀngels Chacón (pt) Traducir →
Nomeado por: Carles Puigdemont
15º Minister of Culture of the Generalitat of Catalonia (en) Traducir
14 de xaneiro de 2016 – 5 de xullo de 2017
← Ferran Mascarell i Canalda (en) TraducirLluís Puig i Gordi →
Gabinete ministerial: Goberno de Cataluña 2016-2017

Nomeado por: Carles Puigdemont
Minister of Territory and Sustainability of Catalonia (en) Traducir
27 de decembro de 2012 – 14 de xaneiro de 2016
← Lluís Recoder (pt) TraducirJosep Rull i Andreu →
Alcalde de Figueres
2007 – 2012
← Joan Armangué i Ribas (en) TraducirMarta Felip Torres →
Deputado do Parlamento de Cataluña
10 de novembro de 2006 – 12 de febreiro de 2013
Circunscrición electoral: Girona (en) Traducir
City councillor of Figueres (en) Traducir
1999 – 2012 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Internacional de Cataluña - doctorate in History (en) Traducir (–2017)
Universidade de Xirona - Licenciatura (–1995) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIdade Contemporánea e Memoria histórica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Barcelona
Figueres
Xirona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , profesor universitario , político , empresario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorQ47454137 Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Europeo Catalán (2016–2018)
Convergència Democràtica de Catalunya (2000–2016)
Esquerra Republicana de Catalunya (1991–1995) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeJavier Luque Reglero (en) Traducir (2018–)
Rafael Vertamatti (en) Traducir (2014–2016), divorcio Editar o valor em Wikidata
ImputaciónEmbezzlement of public funds (en) Traducir e promote a democratic referendum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porpromote a democratic referendum (en) Traducir (2019) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websantivila.cat Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm5465357 Facebook: SantiVila.cat Twitter: santivila Dialnet: 277239 Editar o valor em Wikidata

Santiago «Santi» Vila Vicente, nado en Granollers o 15 de marzo de 1973, é un historiador e político catalán. Deputado no Parlamento de Cataluña entre 2006 e 2013 e alcalde de Figueres entre 2007 e 2012, exerceu de conselleiro da Generalitat de Cataluña nos departamentos de Territorio e Sostibilidade (2012-2016), Cultura (2016-2017) e Empresa e Coñecemento (2017).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e política municipal[editar | editar a fonte]

Naceu en Granollers o 15 de marzo de 1973.[1] O seu pai era un xefe de estación de Renfe de Figueres trasladado por ascenso a Granollers. Estudou no Colexio La Salle de Figueres, para posteriormente cursar o COU no IES Alexandre Deulofeu da mesma localidade.[2]

Vila, que comezou a militar en Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e as súas mocidades en 1991 (ano no que concorreu ás eleccións municipais de 1991 en Figueres no quinto lugar da candidatura de ERC), estudou Letras na Universidade de Xirona (UdG), licenciándose en 1995, na especialidade de Historia.[3][2][1] Entre 1995 e 1999 presidiu a organización local de ERC en Figueras.[4]

Realizou cursos de Doutoramento na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e na de Xirona. Os seus estudos encamiñados á elaboración dunha tesiña, presentada en 1999, sobre a figura do integrista católico Félix Sardá i Salvany foron dirixidos por Jordi Canal.[5]

Como docente, impartiu clases no colexio de La Salle de Figueres e nas Facultades de Letras e Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Xirona onde ensinou historia contemporánea e económica. Publicou diversos artigos científicos e de divulgación sobre o integrismo católico en Cataluña e en especial sobre a figura de Félix Sardá i Salvany.

Vila en outubro de 2008

Posteriormente foi escollido en 1999 concelleiro do Concello de Figueres por CiU, data na que tamén entrou a formar parte do Consello Comarcal do Alt Empordà. No ano 2000 ingresou en Converxencia Democrática de Cataluña (CDC).[3][6] Dentro do consello comarcal do Alt Empordà dirixiu a área de Benestar Social até novembro de 2006, data na que saíu elixido deputado nas eleccións do Parlamento de Cataluña de 2006. En 2007 presentouse como candidato á alcaldía de Figueres nas eleccións municipais e o 16 de xuño dese mesmo ano foi investido alcalde. Renovou o cargo en 2011, tras obter a candidatura de CiU a primeira maioría absoluta na localidade dende a restauración da democracia.

Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña de 2010 foi nomeado cabeza de lista de CiU por Xirona, sendo escollido deputado, onde presidiu a Comisión de Control da actuación da Corporació Catalá de Mitjans Audiovisuals, entre 2010 e 2012. En 2011 volvería repetir como cabeza de lista por CiU ás eleccións municipais de Figueres, volvendo así a obter a maioría absoluta no Pleno do Concello.

Nas eleccións ó Parlamento de 2012 repetiu como cabeza de lista por Xirona, sendo a única demarcación na que a formación non perdeu ningún deputado respecto dos comicios de 2010.

Conselleiro do Goberno catalán[editar | editar a fonte]

En decembro de 2012 nunha fotografía de grupo do goberno autonómico presidido por Artur Mas.

Foi entón cando o 27 de decembro de 2012 foi nomeado conselleiro de Territorio e Sostibilidade da Generalitat de Cataluña, motivo polo que deixaría a Alcaldía de Figueres.

Durante a súa etapa como Conselleiro do Departamento de Territorio e Sostibilidade, renovou o parque móbil dos FGC á liña do Vallès e a do Anoia, impulsou a L9 do metro de Barcelona, creou o servizo Exprés.cat de autobuses interurbanos, puxo en funcionamento o servizo da conexión internacional de alta velocidade, incrementou a superficie protexida dalgúns Parques Naturais, inaugurou o aeroporto comercial de La Seu de Urgel e puxo en funcionamento o Servizo de Rodalies de Xirona e Tarragona.

O 13 de xaneiro de 2016 foi nomeado Conselleiro de Cultura da Generalitat de Cataluña no Goberno do presidente Carles Puigdemont. Durante o seu mandato centrou a súa principal actividade nas políticas de fomento do hábito da lectura, o incremento das achegas económicas ás grandes institucións culturais, o aumento das axudas ós creadores e ás industrias culturais ou, tamén, a maior promoción da literatura catalá.

En xullo do 2017 obtivo o doutoramento na Universidade Internacional de Cataluña (UIC) coa lectura dunha tese sobre Sardá i Salvany co título Fèlix Sardà i Salvany, influencer integrista, en temps del sexenni i la restauració, dirixida por Xavier Baró i Queralt.[5]

O 3 de xullo de 2017 é nomeado conselleiro de Empresa e Coñecemento da Generalitat de Cataluña até o 26 de outubro de 2017, día no que dimite do seu cargo debido ás diferenzas co executivo catalán sobre non convocar eleccións, e anunciar esa mesma semana a Declaración Unilateral de Independencia. Esta dimisión anunciouna por Twitter afirmando: «Dimito. Os meus intentos de diálogo novamente fracasaron. Espero ser útil até o último minuto ó presidente [Carles Puigdemont] e ós cataláns».[7]

Causa xudicial[editar | editar a fonte]

Vila acudindo a declarar á Audiencia Nacional en novembro de 2017.

O 7 de setembro de 2017 pasou a ser investigado pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña por presuntos delitos de prevaricación, desobediencia ao Tribunal Constitucional e malversación de caudais públicos, tras asinar o Decreto para a convocatoria dun referendo de autodeterminación, xunto cos demais membros do Goberno autonómico catalán. O 8 de setembro a Fiscalía esixía fianza para garantir os gastos que poida causar ó erario público, que cifra en 6,2 millóns de euros.[8][9][10]

O 2 de outubro de 2017 a xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela nas querelas presentadas pola Fiscalía Superior de Cataluña, por sedición, rebelión e malversación, impúxolle unha fianza de 50 000 € que lle permitirá abandonar o Centro Penal Madrid VII de Estremera en canto a faga efectiva, á vez que decretaba a prisión incondicional para o exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras e os ex-conselleiros Jordi Turull, Raül Romeva, Meritxell Borràs, Joaquim Forn, Josep Rull, Carles Mundó e Dolors Bassa.[11]

Deuse de baixa do PDeCAT o 20 de xuño de 2018, afirmando que non quería saber nada máis de política.[12] O xuízo da Causa Especial 20907/2017 ou xuízo do procés empezou o 12 de febreiro de 2019.

O luns 14 de outubro de 2019, a Sala do Penal do Tribunal Supremo de España emitiu a sentenza sobre os 12 procesados do procés, considerando culpable de delito de desobediencia e outro de malversación, condenando a Vila a 1 ano e oito meses de inhabilitación especial para o exercicio de cargos públicos electivos e ó exercicio de funcións de goberno e a 10 meses de multa por un delito de desobediencia.[13][14]

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • M. Àngels Custey (Coord) (Ajuntament de Figueres e Consell Comarcal de l'Alt Empordà, 2000)
  • Un camell en el garatge (El Brau edicions, 2003) ISBN 9788495946171
  • Elogi de la memòria (Edicions Tres i Quatre, 2004) ISBN 978-84-7502-714-2
  • Què pensa Santi Vila, amb Josep Puigbert (Fundació Trias Fargas- Ebe Editor, 2006) ISBN 9788493469504
  • Sense límits (El Brau Edicions, 2012) ISBN 9788496905597
  • Un moment fundacional, visions des del reformisme modern (Grup 62, Pòrtic 2016) ISBN 9788498093681
  • Santi Vila (2018). De héroes y traidores. Península. [15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 García-Arbós, Salvador. "Alcalde amb memòria". 
  2. 2,0 2,1 "Santi Vila, perfil social, dialogant, municipalista i jove promesa de CDC". 27 de decembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "El cabeza de lista de CiU por Girona empezó en ERC". 8 de febreiro de 2010. 
  4. Vicente, Mar. "De promesa a realitat". 
  5. 5,0 5,1 Villalonga, Borja. "El doctorat de Santi Vila". 
  6. Hinojosa, Silvia. "Santi Vila, el ‘enfant terrible’ de Convergència". 
  7. Baquero, Camio S. "Dimite el consejero Santi Vila después de que Puigdemont no haya convocado elecciones". 
  8. "Directo. El Constitucional suspende el referéndum en Cataluña". Infolibre. 7 de setembro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  9. "La Fiscalía se querella contra Puigdemont y el Govern y ordenará a Mossos, Policía, Guardia Civil intervenir las urnas". El Mundo. 7 de setembro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  10. "La Fiscalía pide que Puigdemont y sus 'consellers' paguen fianza". El Confidencial. 8 de setembro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  11. La jueza envía a la cárcel a Junqueras y los 'exconsellers' por rebelión. La magistrada utiliza la huida de Puigdemont para entender acreditado el riesgo de fuga. elPeriodico, Ángeles Vázquez J. G. Albalat, Madrid - Jueves, 02/11/2017. Consultado o 19 de febreiro de 2018.
  12. "Santi Vila abandona el PDeCAT". 
  13. El País. Reyes Rincón. Madrid, 15 outubro de 2019. JUICIO DEL PROCÉS. Sentencia del ‘procés’: penas de 9 a 13 años para Junqueras y los otros líderes por sedición y malversación. . Consultado o 17 de outubro de 2019.
  14. "Condena de 10 meses de multa y 1 año y 8 meses de inhabilitación a Santi Vila". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  15. Orriols, Lluís (8 de maio de 2018). "Héroes y traidores". El País.