Dora Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dora Vázquez Iglesias, nada no barrio do Polvorín (Ourense) o 21 de agosto de 1913 e finada o 23 de setembro de 2010[1] na mesma cidade, foi unha escritora galega. Foi irmá da tamén escritora Pura Vázquez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas.
Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas.

Criouse na cidade da Coruña dos seis aos trece anos, cando regresou coa súa familia a Ourense, logo de que seu pai, funcionario de correos e poeta afeccionado,[2] fora sancionado durante a guerra civil. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Ourense en 1933 e exerceu en Teimende no concello de Parada de Sil durante dezao anos e en Larín no concello de Arteixo outros quince anos ata a súa xubilación anticipada por motivos de saúde. Foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2005.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Comezou a publicar artigos no xornal La Noche de Santiago de Compostela, publicou en numerosas publicacións galegas e de América. Aínda que escribiu poesía, Dora, dedícase sobre todo á narrativa con especial dedicación á infantil e xuvenil ao que lle dá un sentido exemplarizante e didáctico.[4]

Produción literaria en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Un poema cada mes, 1969, edición da autora.
  • Irmá, 1970, edición da autora.
  • A xeito de antoloxía, 1992, edición da autora.
  • Madeixas debandando, 1997, Concello de Arteixo.
  • Pasatempo ferido de versos, 1999, edición da autora.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Bergantiñá, 1968, edición da autora.
  • A Malpocadiña: memorias, 1996, Deputación de Ourense.
  • O agro: un mundo aberto, 2001, edición da autora.
  • Noelia, 2001, edición da autora.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Mulleres amadas por grandes homes, 1993, Edicións do Castro.
  • Soñando con Ourense, 1995, Concello de Ourense.
  • Galicia: cousas e xentes, 1997, Deputación da Coruña.
  • Ronseis: cabos soltos dunha historia, 1997, edición da autora.
  • Letras no tempo, 2002, edición da autora.
  • Cadros (reais, de amor, vida, agro e teatro), 2003, edición da autora.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Campo e mar aberto, 1975, Celta.
  • Contos para nenos e nenas, 1996, edición da autora.
  • O troleiro e outros contos, 2000, Edicións do Castro.
  • A pombiña de Deus, 2002, publicada en internet.
  • Os meus últimos contos para nenos e mozos, 2004, Deputación de Ourense.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Tres cadros de teatro galego, 1973, edición da autora.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obras con Pura Vázquez[editar | editar a fonte]
  • A nena que iba á busca de un corazón, en Monicreques, 1974, La Región.
  • Oriolos neneiros, 1975, edición das autoras.
  • Augas soltas no volume Dúas novelas galegas, 1978, edición das autoras.
  • Don Rato busca un obreiro e Xuicio no bosque, ou soñar non costa nada, en Ronseles, 1980, La Región.
  • Viaxe ao país dos contos e da poesía, 1985, Caixa Ourense.
  • Teatro completo para nenos, 2000, Abano, Ourense.

Produción literaria en castelán[editar | editar a fonte]

  • Palma y corona (historias santas), 1964, Escuela Española.
  • Caminos de plata y sol, 1966.
  • Fantasías infantiles, 1980.
  • Oración junto al camino, 1985, Rondas. Traducido ao galego como Oración xunto ó camiño, 1996, edición da autora.
  • Amor y paz, 1998, Caixa Ourense.

Obras con Pura Vázquez[editar | editar a fonte]

  • Los poetas, 1971, edición da autora.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Falece a escritora Dora Vázquez aos 97 anos de idade, nova en Xornal de Galicia o 24 de setembro de 2010.
  2. Entrevista a Pura Vázquez, Faro de Vigo, 4 de novembro de 2007
  3. Ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega
  4. Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995, páx. 600

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]