O arame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O arame
Forma Ópera
Actos e escenas 1 acto
Idioma orixinal do libreto Galego
Libretista Manuel Lourenzo
Fontes literarias Camiñar polo arame cunha lata de cervexa de Manuel Lourenzo
Estrea 13 de setembro do 2008
Teatro da estrea Teatro Colón
Lugar da estrea A Coruña
Duración 1 hora e 15 minutos
Música
Compositor Juan Durán

O arame é unha ópera de cámara nun acto con música de Juan Durán sobre un libreto en galego de Manuel Lourenzo, procedente do texto do propio Lourenzo Camiñar polo arame cunha lata de cervexa. É a segunda ópera galega da historia, tras O Mariscal (1929). Conta a historia de dous vellos cómicos que regresan ó seu lugar de orixe, o mar de Fisterra, para reflexionar sobre o sentido do seu paso polo mundo.

A súa estrea foi o 13 de setembro do 2008 no Teatro Colón da cidade da Coruña dentro do LVI Festival de Ópera da Coruña nunha produción da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña co propio Manuel Lourenzo como director de escena. A ópera foi Premio da Crítica de Galicia. A música na estrea foi interpretada polo Grupo Instrumental Siglo XX (agrupación integrada por algúns instrumentistas da Orquestra Sinfónica de Galicia) baixo a batuta do galego Maximino Zumalave. Na ópera hai unicamente dous cantantes, unha soprano (na estrea a propia irmá do compositor, Carmen Durán) e un barítono (na estrea Javier Franco) e na escenificación aparecen tamén dous mimos.

Representouse en Oxford no Reino Unido o 26 de xuño de 2017,[1] con subtítulos en inglés. A súa estrea debeuse a unha coprodución do Centro de Estudos Galegos John Rutherford da Universidade de Oxford e XOGA (Xove Ópera Galega-Galician Youth Opera).

Orquestración[editar | editar a fonte]

1 frauta, 1 óboe, 1 clarinete, 1 fagot, 1 trompa, timbais, 4 violíns, 2 violas, 2 violonchelos, 1 contrabaixo e piano.

Notas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez Pena, Marcos (26 de xuño de 2017). "A ópera galega 'O Arame' representarase no Reino Unido en xuño". eventbrite.co.uk. Consultado o 26 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.