Julian Edelman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julian Edelman
No. 11 New England Patriots
Posición:Wide receiver, retornador
Información persoal
Nacemento:22 de maio de 1986 (37 anos)
Lugar:California Redwood City, California
Altura:5 ft 10 in (1,78 m)
Peso:200 lb (91 kg)
Información da carreira
Instituto:Woodside (CA)
Universidade:Kent State
NFL Draft:2009 / Rolda: 7 / Pick: 232
Historial de equipos
Premios e galardóns
Estatísticas NFL
Estatísticas do xogador en NFL.com

Julian Francis Edelman, nado o 22 de maio de 1986 en Redwood City, California, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de wide receiver e especialista en retornos para os New England Patriots da National Football League (NFL).Formado nas Universidade de Kent State e San Mateo, onde xogaba na posición de quarterback, foi elixido no posto 232 do Draft da NFL de 2012 polos Patriots. Co equipo de Boston gañou dúas Super Bowl (XLI, LI e LIII), sendo o MVP da edición LIII.

Edelman destaca pola súa personalidade carismática, por ter xogado tanto de wide receiver como de cornerback in 2011 e polas súas devolucións punt. De feito, ten o récord da historia da franquía de retorno de e de máis punts devoltos para touchdown.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nado en Redwood City, California, Edelmam é fillo de Angela e Francis Edelman. Ten devanceiros xudeus por parte do seu pai, mais foi educado como cristián. Con todo, declarou nunha entrevista da canle NFL Network que é xudeu. Formado no Instituto de Woodside, alí xogou no equipo de fútbol americano na posición de quarterback, liderando no seu último ano ao equipo á un récord 13-0. Durante toda a súa época na educación secundaria fixo 2.237 yardas e 29 touchdowns por vía aérea, ademais de 964 yardas e 13 touchdowns por vía terrestre.

Despois do instituto, pasou un ano na Facultade de San Mateo antes de moverse á Universidade de Kent State, onde se especializou en xestión empresarial. No equipo universitario, Edelman foi titular durante tres anos como quarterback. No seu último ano foi o líder pasador para os "Golden Flashes", completando o 56% dos seus pases (153 de 275 pases para 1.820 yardas), lanzando 13 touchdowns e 11 intercepcións. Tamén foi o líder corredor, gañando 1.370 yardas en 215 intentos (unha media de 6,4 yardas por carrexo) e anotando 13 touchdowns. A súa ofensiva total rompeu o récord da súa universidade nunha soa temporada, superando o rexistro acadada en 2003 por Joshua Cribbs.[1][2]

Tras acabar o seu periplo universitario, non foi convidado ao Combine da NFL. Con todo, no seu "pro day", correu o "short shuttle" en 3,91 segundos, sendo o tempo máis rápido no Combine dese ano de 3.96 segundos. Os New England Patriots, que realizaran adestramentos privados con Edelman antes do Draft da NFL de 2009, seleccionárono co pick 27 da sétima rolda (pick 232 xeral), por diante do quarterback da universidade de Michigan State, Brian Hoyer, quen se uniu ao equipo como axente libre. Varios analistas suxeriron que os Patriots poderían seleccionar a Edelman polo seu potencial na súa formación Wildcat.[3][4] O 16 de xullo de 2009n asinou un contrato cos Patriots por catro anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CBSSports.com draft profile: Julian Edelman, QB, Kent State". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2009. Consultado o 07 de febreiro de 2017. 
  2. Whitmer, Michael (12 de setembro de 2013). "Versatile Julian Edelman ready for his biggest role?". Boston Globe (en inglés). 
  3. Gosselin, Rick (27 de abril de 2009). "Non-combine players make their mark in draft". The Dallas Morning News (en inglés). 
  4. Farley, Glen (2 de maio de 2009). "It's QB or not QB at Pats camp". The Enterprise (Brockton) (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]