Tricorne
Aparencia

O tricorne é un tipo de sombreiro que ten a aba dura e dobrada formando tres picos.
Características
[editar | editar a fonte]O sombreiro redondo de aba ancha, usado polos soldados no século XVII, foise modificando sucesivamente até se converter no de tres picos, que como peza militar se usou durante o século XVIII e desapareceu a partir da Guerra da Independencia Española. No seu período máis popular, tamén foi de uso civil. Ao ser recollida a punta dianteira transformouse no actual tricorne que, fabricado en charón e con dúas puntas a cada lado da cabeza, caracteriza a Garda Civil española.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia do tricorne, na web da Gardia Civil Española (en castelán).