Rob Gronkowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rob Gronkowski
No. 87 Tampa Bay Buccaneers
Posición:Tight end
Información persoal
Nacemento:14 de maio de 1989 (34 anos)
Lugar:Nova York Amherst, Nova York
Altura:6 ft 6 in (1,98 m)
Peso:265 lb (120 kg)
Información da carreira
Instituto:Churchill (PA) Woodland Hills
Universidade:Arizona
NFL Draft:2010 / Rolda: 2 / Pick: 42
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XLIX, LI, LIII)
  • 5× Pro Bowl (2011, 2012, 2014, 2015, 2017)
  • 4× 1º equipo All-Pro (2011, 2014, 2015, 2017)
  • NFL Comeback Player of the Year (2014)
Estatísticas NFL
Estatísticas en NFL.com

Robert Paxton Gronkowski, alcumado Gronk, nado o 14 de maio de 1989 en Amherst, Nova York, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de tight end para os New England Patriots da National Football League (NFL). Formado na Universidade de Arizona, onde gañou múltiples galardóns, foi elixido no Draft da NFL de 2010 no posto número 42 polos Patriots.

No ano 2011, Gronkowski conseguiu o récord de máis touchdows logrados por un tight end nunha soa temporada con 17 de recepción (18 en total), así como o récord de iardas de pase percorridas nunha soa temporada por un tight end con 1.327. Esa temporada, converteuse no primeiro xogador da súa posición en liderar a competición en touchdowns de recepción. De feito, fixo 65 touchdowns de recepción durante as súas primeiras seis temporadas, habendo tan só dous tight ends na historia da NFL que fixeron máis durante toda a súa carreira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]