Elementos orbitais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elementos orbitais dun corpo ao redor do Sol.

Os elementos orbitais da órbita dun corpo celeste son un conxunto de seis cantidades que permiten definir a súa órbita ao redor do Sol ou calquera outro corpo celeste de forma totalmente unívoca.

Cantidades[editar | editar a fonte]

As seis cantidades son:

Ás veces, en lugar da anomalía media da época, utilízase a anomalía media dun tempo dado (), ou a lonxitude media, ou a anomalía verdadeira ou, raramente, a anomalía excéntrica. Ás veces a época do paso polo apsesubstitúe á anomalía media. En lugar do semieixo maior pódese utilizar tamén o período orbital.

Ás veces úsase a (lonxitude do periastro), que se relaciona coa lonxitude do nodo ascendente () e o argumento do periastro () mediante:

Significado dos elementos[editar | editar a fonte]

Os primeiros tres elementos orbitais coinciden cos ángulos de Euler que definen a orientación da órbita no espazo. Os outros tres elementos orbitais definen a forma e a posición do astro na órbita.

  • A inclinación e a lonxitude do nodo ascendente indican o plano da órbita.
  • O argumento de apso orienta a órbita dentro do seu plano.
  • O semieixo maior (ou o período, indistintamente) determina o tamaño da órbita.
  • A excentricidade a súa forma.
  • A época do paso polo apso (ou a anomalía media) permiten situar ao obxecto na súa órbita.

Os seis elementos anteriores xorden no problema dos dous corpos sen perturbacións externas. Unha traxectoria perturbada realista represéntase como unha sucesión de cónicas instantánea que comparte un dos seus focos. Estes elementos orbitais chámanse osculatrices e a traxectoria é sempre tanxente a esta sucesión de cónicas.

Os elementos orbitais de obxectos reais tenden a cambiar co tempo. A evolución dos elementos orbitais ten lugar debido fundamentalmente á forza gravitatoria dos outros corpos. No caso de satélites, debido á falta de esfericidade do primario, ou ao rozamento cos restos de atmosfera. Isto é fundamental en satélites artificiais da Terra ou doutros planetas. No caso de cometas a expulsión de gas, e a presión da radiación, ou as forzas electromagnéticas introducen pequenas forzas non gravitatorias que hai que considerar para explicar o seu movemento.

Os elementos orbitais en dúas liñas[editar | editar a fonte]

Hai moitos programas de informática para o seguimento dos satélites artificiais en órbita ao redor da Terra. Para que poidan funcionar necesítase alimentalos con elementos orbitais recentes. Datos de máis de 30 días dan resultados profundamente inexactos. Os elementos orbitais dos diferentes satélites lístanse en códigos de texto e poden estar en diferentes formatos. O máis común é o NASA / NORAD, que dan os elementos orbitais de cada satélite empregando dúas liñas, orixinalmente deseñouse para o uso cos antigos cartóns perforados de 80 columnas, pero aínda están en uso porque é o formato máis común.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gurfil, Pini (2005). Euler parameters as nonsingular orbital elements in Near-Equatorial Orbits. J. Guid. Contrl. Dynamics 28. doi:10.2514/1.14760. , (en inglés).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]