Násir al-Din al-Tusí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nasir al-Din al-Tusi»)
Infotaula de personaNásir al-Din al-Tusí

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fa) نصيرالدین طوسی Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) مُحمد بن مُحمد بن الحسن الطُوسي Editar o valor em Wikidata
18 de febreiro de 1201 Editar o valor em Wikidata
Tus Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1274 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Kadhimiya (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAl-Kadhimiya Mosque (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Visir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTus
Maymun-Diz (en) Traducir
Castelo de Alamut (pt) Traducir
Coistão (região histórica) (pt) Traducir
Mossul (pt) Traducir
Bagdad Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIlkanato (1256–)
Estado Ismailí Nizarí
Abbásida
Império Corásmio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónXiísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía, Kalam (pt) Traducir, Filosofía islámica, matemáticas, química, bioloxía, física, medicina, Ética, filosofía, historia, dereito, teoloxía, xeografía, música, óptica, Mineraloxía, ocultismo e ciencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , Marja (pt) Traducir , teólogo , escritor , poeta , tradutor , médico , polímata , matemático , arquitecto , filósofo , astrólogo , político Editar o valor em Wikidata
Período de tempoIdade do Ouro islámica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAlamut Library (en) Traducir
Maragheh Observatory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoAvicennism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresKamal al-Din bin Younis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAbd al-Karim Ibn Tawus (en) Traducir, Najm al-Dīn al-Qazwīnī al-Kātibī (pt) Traducir, Qutb al-Din al-Shirazi (pt) Traducir, Al-Hilli (en) Traducir, Ibn al-Fuwati (pt) Traducir, Shams al‐Dīn al‐Bukhārī (en) Traducir e Q5727970 Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua persa, árabe e Linguas oghuz Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoMongol campaign against the Nizaris (en) Traducir e Cerco de Bagdá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MecenasNasir al-Din Abu al-Fath Abd al-Rahim ibn Abi Mansur (en) Traducir
Rukn al-Din Khurshah (en) Traducir
Ala al-Din Muhammad III (en) Traducir
Hulagu Khan Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoQutb al-Din al-Shirazi (pt) Traducir, Najm al-Dīn al-Qazwīnī al-Kātibī (pt) Traducir e Al-Hilli (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Abu Jafar Muhammad Ibn Muhammad Ibn al-Hasan Násir al-Din al-Tusí, coñecido como Násir al-Din al-Tusí (escrito tamén como Nasir al-Dib al-Tusi e Nadir ad-Din at-Tusi) foi un filósofo, matemático, astrónomo, teólogo e médico persa, nado en Tus, Khorasán (daquela Persia e na actualidade Irán) en 1201 e finado en Khadimanin, preto de Bagdad, en 1274.

Cando os exércitos mongois de Xenxis Kan arrasaban Persia, al-Tusí fuxiu para reunirse cos ismailitas. As súas contribucións científicas máis importantes datan destes anos, mentres fuxía dunha fortaleza a outra. Finalmente entregouse ás tropas de Hulagu (un dos fillos de Xenxis Kan) despois da invasión do castelo de Alamut poles forzas mongois.

Escritor polifacético e moi prolífico, o seu nome está inmortalizado coa denominación dun cráter de 60 km de diámetro na Lúa.

Foi quizais o primeiro matemático medieval en tratar a trigonometría como unha disciplina ou rama separada do tronco das matemáticas, e así se desprende no seu Tratado sobre os cuadriláteros. Foi o primeiro en enumerar a lista dos seis casos distintos de ángulo recto nun triángulo esférico (trigonometría esférica). Os seus traballos en trigonometría levárono a ser o primeiro astrónomo oriental en ter unha visión clara da trigonometría plana e esférica.

Tusí elaborou táboas moi precisas sobre os movementos planetarios plasmándoos no seu libro Zij-i ilkhani (As táboas ilkhánicas). Estes libros contiñan posicións en formato tabular coas posicións dos planetas e o nome das estrelas. El sistema planetario proposto por el foi o máis avanzado da época e foi usado amplamente até a chegada do modelo heliocéntrico en tempos de Copérnico. Entre a época de Tolomeo e a de Copérnico considerouse a al-Tusí como o científico máis eminente no campo da observación astronómica.

Inventou unha técnica xeométrica denominada parella de Tusí que axuda á solución cinemática do movemento lineal como suma de dous movementos circulares. Al-Tusí calculou o valor de 51' para a precesión dos equinocios e fixo enormes achegas á construción e uso dalgúns instrumentos astronómicos, incluíndo os astrolabios e os cuadrantes solares.

O famoso observatorio astronómico de Maragué (ao norte de Irán) construíuse para que este científico desenvolvera o seu traballo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]