Saltar ao contido

Muro das Lamentacións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muro das Lamentacións
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe da planta
Imaxe
 Epónimo
Buraq (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Conservación
 Edificio adxacente
Características
 Cultura
 Estilo
 Situación patrimonial
 Caracterizado por
 Material / ingrediente
Datas
 Fundación / creación
19 a. C. Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Cifras e dimensións
 Altura
   19 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   488 m Editar o valor en Wikidata
 Espesor
   2,5 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Localización
 Situado en
 Localización
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF167765654 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0j_pp Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Webcast
Wikidata C:Commons
O papa Francisco rezando fronte ao Muro.
Explanada fronte ó Muro das Lamentacións.

O Muro das Lamentacións[1] (en hebreo: הַכֹּתֶל הַמַעֲרָבִי, Hakótel Hama'araví) é un muro de contención que formaba parte das murallas de Herodes e son o derradeiro vestixio do Segundo Templo[2], o edificio máis sagrado do xudaísmo. Os restos que aínda quedan datan da época de Herodes o Grande, quen mandou construír grandes muros de contención arredor do Monte Moriá, ampliando a pequena explanada sobre a cal foron edificados o Primeiro e o Segundo Templo de Xerusalén, formando o que hoxe se coñece como a Chaira das Mesquitas.

O Primeiro Templo, ou Templo de Salomón, foi construído no século X a. C., e derrubado polos babilonios no 586 a. C. O Segundo Templo, en tanto, foi reconstruído por Esdras e Nehemías á volta do Exilio de Babilonia, e volto a destruír polos romanos no ano 70 da nosa era, trala Gran Revolta Xudía. De tal modo, cada templo se mantivo en pé por uns 400 anos.

Cando as lexións do emperador Tito destruíron o templo, só unha parte do muro exterior quedou en pé. Tito deixou este muro para que os xudeus tiveran a amarga lembranza de que Roma vencera a Xudea (de alí o nome de Muro das Lamentacións). Os xudeus, porén, o atribuíron a unha promesa feita por Deus, segundo a cal sempre quedaría en pé cando menos unha parte do sagrado templo como símbolo da súa alianza perpetua co pobo xudeu. Os xudeus teñen pregado fronte a este muro durante os derradeiros dous milleiros de anos, crendo que este é o lugar accesible máis sagrado da Terra, xa que non poden acceder ó interior do Monte do Templo, que sería o máis sagrado de todos.

A tradición de introducir un pequeno papel cunha pregaria entre as fendas do muro ten varios séculos de antigüidade, sendo o iniciador desta práctica o rabino Chaim ibn Attar, (finado en 1743).[3]

O Muro das Lamentacións é sagrado para os xudeus debido a que é o último anaco do muro que rodeaba o Templo polo sur e polo leste. Ademais, o Muro é o lugar máis achegado ó sancta sanctorum ou lugar "sagrado entre os sagrados" (1 Reyes 8:6-8). Das tres seccións do muro, o do leste, do sur e do oeste, o do oeste é o lugar tradicional de oración (de alí o seu nome en hebreo, Hakótel Hama'araví, "o Muro Occidental").

Na Explanada das Mesquitas, rodeada polo Muro, os musulmáns teñen ido construíndo ó longo dos séculos a Cúpula da Rocha e a Mesquita de al-Aqsa.

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Bos días. Crtvg Galicia, ed. "O Muro das Lamentacións terá unha sección mixta". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2018. Consultado o 2 de maio de 2018.
  2. ↑ Sebag Montefiore 2011.
  3. ↑ Sperling, Avraham Yitzchak (1999). Sefer Tamei Ha-minhagim U’mekorei Ha-dinim; Inyanei Hilula D’Rashbi, p. 270. Jerusalem: Shai Le-morah Publishing.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sebag Montefiore, Simon (2011). Jerusalén: la biografía (epub). Crítica. ASIN B007PKNKYG. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]