Status quo (lugares da Terra Santa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo 62 do Tratado de Berlín (1878):
"Os dereitos concedidos a Francia están expresamente reservados, entendéndose tamén que o status quo con respecto aos Lugares Sagrados non será afectado seriamente de ningún xeito."
A Escaleira inamovible. Detalle dunha fotografía da fachada da entrada principal da Igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén.

O status quo dos lugares da Terra Santa é un acordo entre as comunidades relixiosas con respecto aos nove Lugares Santos compartidos en Xerusalén e Belén.[1] Outros Lugares Santos en Israel e Palestina non forman parte do status quo debido a que as autoridades dunha relixión ou dunha comunidade teñen a posesión efectiva recoñecida polas demais.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Resultou dun firman (decreto) do sultán otomán Osman III en 1757[3] que preservaba a división da propiedade e responsabilidades de varios lugares importantes para os cristiáns, musulmáns e xudeus con respecto aos seus propietarios ou controladores no momento, e representou acordos entre varias relixións relativo a que nada podería cambiarse da forma na que se viña facendo ata entón sen interromper o balance nas visitas dos peregrinos a eses lugares. En 1852 e 1853 emitíronse novos decretos reafirmando as provisións do decreto de 1757.[4] As provisións actuais do status quo nunca chegaron a establecerse nun documento único. Porén en 1929, un documento preparado por un funcionario do Mandato británico de Palestina chamado George Archer Cust e titulado The Status Quo in the Holy Places, pasou a ser o documento estándar sobre a materia.[5][6]

Lugares[editar | editar a fonte]

Comisión de Conciliación das Nacións Unidas sobre os Lugares Santos en Palestina.

O Status Quo aplícase en nove lugares de Xerusalén e Belén:[1]

Disputados entre confesións cristiás[editar | editar a fonte]

  1. Igrexa do Santo Sepulcro e as súas dependencias, Xerusalén
    1. Deir es-Sultan, na parte superior da Igrexa do Santo Sepulcro, Xerusalén
  2. Tumba da Virxe María, Xerusalén
  3. Igrexa da Natividade, Belén
  4. Capela da Gruta do Leite, Belén (non existen rexistros)[7]
  5. Capela do Campo dos Pastores, Belén (non existen rexistros)[7]

Disputado entre cristiáns e musulmáns[editar | editar a fonte]

  1. Capela da Ascensión, Xerusalén

Disputado entre xudeus e musulmáns[editar | editar a fonte]

  1. Muro das Lamentacións, Xerusalén
  2. Tumba de Raquel, Belén

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 UN Conciliation Commission 1949, p. 7.
  2. UN Conciliation Commission 1949, p. 7a: "Por exemplo o Cenáculo que, aínda que se trata dun Lugar Santo cristián, estivo en mans dos musulmáns desde mediados do século XVI. A posición de que os cristiáns non desfrutan o dereito de celebrar servizos relixiosos no lugar permanece sen discutir."
  3. Cities of the Middle East and North Africa: A Historical Encyclopedia, edited by Michael Dumper, Bruce E. Stanley P 209
  4. Eva Maurer Morio, What does Status Quo stand for?, in History of Latin Patriarchate, on the website of the Latin Patriarchate of Jerusalem [1] Arquivado 13 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
  5. Cust 1929.
  6. Breger, Marshall J.; Reiter, Yitzhak; Hammer, Leonard (16 de decembro de 2009). Holy Places in the Israeli-Palestinian Conflict: Confrontation and Co-existence. Routledge. pp. 24–. ISBN 978-1-135-26812-1. 
  7. 7,0 7,1 Cust 1929: "A Gruta do Leite e o Campo dos Pastores preto de Belén tamén forman parte do Status Quo, pero non existen rexistros sobre estes dous lugares."