Saltar ao contido

Porta de Damasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porta de Damasco
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Vista nocturna
Imaxe da planta
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Características
 Estilo
 Caracterizado por
Implicados
 Encargado por
Datas
 Fundación / creación
1537 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   16,8 m Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   41,85 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   19,95 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF8150323642009970764 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bjqyx Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4914855
Wikidata C:Commons
A Porta de Damasco en 2013.

A Porta de Damasco (árabe: باب العامود, hebreo: שער שכם

, Sha'ar Sh'khem) é unha das principais entradas á cidade vella de Xerusalén.[1] Está situada na muralla ao noroeste da cidade e conéctase cunha autoestrada ata Nablus, que segundo a Biblia hebrea coñecíase como Shechem ou Sichem, e desde alí, ata a capital de Siria, Damasco. Por isto o seu nome moderno é Porta de Damasco, mentres que en hebreo moderno o seu nome é Sha'ar Shkhem (שער שכם), que significa Porta de Shechem, ou Porta de Nablus.[1][2] En árabe un dos seus nomes é Bab al-Nasr (باب النصر) que significa "porta da vitoria," e Bab al-Amud (باب العامود) que significa "porta da columna".[1] Este último nome, en uso continuado polo menos desde o século X, preserva a memoria da columna romana que se erixía sobre a praza que hai detrás da porta e que data do século II.[2][3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A Porta de Damasco está franqueada por dúas torres, cada unha delas equipadas cun matacán. A porta sitúase no límite dun bazar árabe e dun mercado no barrio musulmán da cidade vella. En contraste coa Porta de Iafa, onde as escaleiras ascenden cara á porta, na de Damasco as escaleiras descenden cara a ela. Ata 1967, a porta tiña unha torreta con crestería que quedou danada trala batalla por tomar o control da porta durante a guerra dos Seis Días. En agosto de 2011, Israel restaurou a torreta, incluíndo as seteiras, axudándose de imaxes de comezos do século XX tomadas durante o Mandato Británico.[4]

A porta da época romana situada debaixo da Porta de Damasco
  1. 1 2 3 LaMar C. Berrett (1996). Discovering the World of the Bible (3rd ed.). Cedar Fort. p. 61. ISBN 978-0-910523-52-3.
  2. 1 2 Adrian J. Boas (2001). Jerusalem in the time of the crusades: society, landscape, and art in the Holy City under Frankish rule (Illustrated, reprint ed.). Routledge. p. 53. ISBN 978-0-415-23000-1.
  3. ↑ David Samuel Margoliouth (2010). Cairo, Jerusalem & Damascus: Three Chief Cities of the Egyptian Sultans. Walter S. S. Tyrwhitt, illustrator. Cosimo, Inc. p. 329. ISBN 978-1-61640-065-1.
  4. ↑ Mazori, Dalia (16 August 2011). 'הכתר' של שער שכם בי-ם שוחזר מחדש ["The crown" of Damascus Gate in Jerusalem restored]. Nrg Maariv (en Hebrew). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 17 August 2011. עתה, בתום עבודות שימור נרחבות, שוחזר הכתר והמבקרים יכולים ליהנות מיפי השער במלוא הדרו.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]