Final do Mundial de Fútbol de 1930

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Final do Mundial de Fútbol de 1930
Uruguay goal v argentina 1930.jpg
O cuarto gol do Uruguai foi anotado por Héctor Castro.
EventoFinal do Mundial de Fútbol de 1930
Data30 de xullo de 1930
EstadioUruguai Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia93.000 espectadores
ÁrbitroBélxica John Langenus

A final do Mundial de Fútbol de 1930 foi o partido final da primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol, que se disputou no estadio Centenario de Montevideo, Uruguai, o 30 de xullo de 1930. O partido coroou ao Uruguai como o primeiro campión mundial deste deporte, despois de derrotar á Arxentina por 4-2.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A selección arxentina chegaba ao Mundial como vencedora das dúas últimas edicións da Copa América, mentres que o Uruguai gañara a medalla de ouro nos dous últimos Xogos Olímpicos. Precisamente na última cita olímpica, nos Xogos Olímpicos de 1928, ambas seleccións enfrontáranse na final, vencendo os uruguaios por 2-1 nun partido de desempate, despois de que o partido inicial rematase 1-1.

A final do Mundial foi o 109º enfrontamento entre uruguaios e arxentinos, que chegaron á cita cun balance de 37 vitorias para o Uruguai, 43 para a Arxentina e 27 empates.[1] O último partido entre eles xogárase só dous meses antes en Buenos Aires, durante a disputa da Copa Newton, e rematara con empate a un gol.[2]

Programada para un mércores, foi unha das dúas únicas finais da Copa do Mundo que non se disputaron un domingo, sendo a outra a final do Mundial de 1966, que se xogou un sábado. Tras un desacordo sobre que equipo proporcionaría o balón, a FIFA interveu co compromiso de que a Arxentina proporcionase o balón para a primeira metade e o Uruguai para a segunda.[3]

Camiño á final[editar | editar a fonte]

Uruguai Rolda Arxentina
Rival Resultado Primeira rolda Rival Resultado
 Perú 1–0 Partido 1  Francia 1–0
 Romanía 4–0 Partido 2  México 6–3
Partido 3  Chile 3–1
Equipo PX PG PE PP GF GC DG Pts
 Uruguai 2 2 0 0 5 0 +5 4
 Romanía 2 1 0 1 3 5 −2 2
 Perú 2 0 0 2 1 4 −3 0
Clasificación
Equipo PX PG PE PP GF GC DG Pts
 Arxentina 3 3 0 0 10 4 +6 6
 Chile 3 2 0 1 5 3 +2 4
 Francia 3 1 0 2 4 3 +1 2
 México 3 0 0 3 4 13 −9 0
Rival Resultado Fase eliminatoria Rival Resultado
 Iugoslavia 6–1 Semifinais  Estados Unidos 6–1

O partido[editar | editar a fonte]

Resumo[editar | editar a fonte]

As portas do estadio abríronse ás oito da mañá, seis horas antes do inicio, e ao mediodía as bancadas estaban cheas,[4] cunha cifra oficial de 93.000 espectadores.[5] O Uruguai remontou o 1-2 que sinalaba o marcador no descanso e gañou por 4-2.

Aos 12 minutos, Pablo Dorado puxo en vantaxe aos locais, antes de que o extremo arxentino Carlos Peucelle empatase 8 minutos despois, superando ao porteiro Enrique Ballestrero cun potente disparo. No minuto 37, o máximo goleador do torneo, Guillermo Stábile, deu a Arxentina a vantaxe de 2-1 coa que chegou ao descanso. O Uruguai igualou o marcador aos 12 minutos da segunda metade mediante un gol de Pedro Cea, e tomou a vantaxe definitivamente cun gol de Santos Iriarte no minuto 68. Cando faltaba un minuto para o final, Héctor Castro puxo no marcador o 4-2 definitivo, selando a vitoria uruguaia na primeira Copa do Mundo.[6]

Jules Rimet, presidente da FIFA, entregou aos uruguaios o trofeo que máis tarde levaría o seu nome. O día seguinte foi declarado festivo no Uruguai.[5] En Buenos Aires, unha turba lanzaba pedras contra o consulado uruguaio.[7] 

O adestrador uruguaio, Alberto Suppici, tiña 31 anos naquel momento e aínda se mantén como o adestrador máis novo en gañar a Copa do Mundo. O último xogador supervivente da final foi o dianteiro arxentino Francisco Varallo, que morreu o 30 de agosto de 2010 aos 100 anos.[8] O último supervivente do Uruguai foi Ernesto Mascheroni, que morreu o 3 de xullo de 1984 aos 76 anos.

Detalles[editar | editar a fonte]

Uruguai 4 – 2 Arxentina 30 de xullo de 1930, 14:15 UTC−03:30Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 93.000
Árbitro: Bélxica John Langenus (Bélxica)
Dorado Anotado no 12º minuto 12'
Cea Anotado no 57º minuto 57'
Iriarte Anotado no 68º minuto 68'
Castro Anotado no 89º minuto 89'
Informe
Peucelle Anotado no 20º minuto 20'
Stábile Anotado no 37º minuto 37'
 
Uruguai


Arxentina


Árbitros asistentes:
Ulises Saucedo (Bolivia)
Henri Christophe (Bélxica)

Regras do partido

  • 90 minutos.
  • 30 minutos de prórroga se fose necesario.
  • Repetición do partido se se mantén o empate.
  • Sen substitucións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Uruguay - International Results". rsssf.com (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  2. "Copa Newton". rsssf.com (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  3. "Uruguay 1930". BBC (en inglés). 11 de abril de 2002. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  4. Glanville, p19
  5. 5,0 5,1 "FIFA World Cup Origin" (PDF). FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de novembro de 2007. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  6. "1930 World Cup: Uruguay welcomes the soccer world" (en inglés). 21 de novembro de 2009. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  7. Glanville, p21
  8. "Francisco Varallo, 100 not out". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]