Montse Pena
Montserrat Pena Presas | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Montserrat Pena Presas |
Nacemento | 27 de abril de 1981 (37 anos) |
Sada, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Ensaio, LIX |
Estudos | Filoloxía galega |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Montserrat Pena Presas, nada en Sada o 27 de abril de 1981, é unha crítica literaria galega.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Especialista en literatura infantil e xuvenil, licenciouse en Filoloxía Galega, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e doutorouse pola Universidade de Compostela. A súa tese, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Valdivia, titúlase "Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenil: historia crítica e aplicación didáctica" (2016). Ademais, obtivo un Máster en Edición pola Universidad de Salamanca. Foi profesora de lingua, literatura e cultura galegas na Bangor University (Gales), e, actualmente, traballa como profesora no Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.
No eido da crítica literaria, colabora en diferentes suplementos culturais (Faro da Cultura, ProTexta, Sermos Galiza[1]) e revistas especializadas (Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, entre outras), tendo publicado artigos sobre Carlos Casares, Agustín Fernández Paz ou Xohana Torres.
Obras[editar | editar a fonte]
Edición[editar | editar a fonte]
- Carlos Casares. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Ed. Montse Pena Presas. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017.
- Epistolario a Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero. Eds. Montse Pena Presas e Dolores Vilavedra. Vigo: Editorial Galaxia, 2006.[2]
- Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria. II. Eds. Montse Pena Presas e Pilar Sampedro. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2010.
- Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, Edicións Laiovento, 2018.[3]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño. Galaxia. 2013.
- A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida. Galaxia. 2018.
Tradución[editar | editar a fonte]
- Eric Carle. A eiruguiña comellona. Kókinos, 2011.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ M.P, X. (10 de setembro de 2018). "“O feminismo é o movemento que máis influíu na literatura neste século”". Sermos Galiza. Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ Epistolario a Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero en Google Books.
- ↑ "Sen título". Edicións Laiovento. 8 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Montse Pena na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública.
|