Paços de Ferreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°17′N 8°23′O / 41.283, -8.383

Paços de Ferreira
Pt-pfr3.png
PFR1.png
Paços. Rotunda.jpg
Localización
LocalPacosDeFerreira.svg
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Norte
Subrexión Tâmega
Distrito Porto
Xeografía
Altitude 300 msnm
Superficie 70,99 km²
Demografía
Poboación 56.340 hab. (2011)
Densidade 793,63 hab/km²
Xentilicio Pacense
Outros datos
Código postal 4590 e 4595
Alcalde Humberto Brito (PS)
www.cm-pacosdeferreira.pt

Paços de Ferreira é un concello portugués do distrito do Porto, rexión de Entre Douro e Minho e sub-rexión do Vale do Sousa e Baixo Tâmega. No ano 2011 tiña 56.340 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 70,99 km², ten a súa capital na vila do mesmo nome, de 7.491 habitantes (2011), e abrangue 12 freguesías. Limita ao leste co concello de Lousada, ao sur co de Paredes, ao suroeste co de Valongo e ao oeste e ao norte co de Santo Tirso. Está atravesado polo río Ferreira, afluente do río Sousa, que á súa vez é afluente do río Douro. A serra da Agrela é unha pequena elevación que limita o concello polo oeste.

Ten unha densidade de poboación moi elevada, sendo un dos municipios con maior porcentaxe de poboación nova de Portugal. Até o 2013 abranguía 16 freguesías, pero trala reforma administrativa dese ano pasaron a 12: uníronse Paços de Ferreira con Modelos, Arreigada con Frazão, e Sanfins de Ferreira con Lamoso e Codessos. Case todas as freguesías son bastante homoxéneas en número de habitantes, pero as mais poboadas son as cidades de Paços de Ferreira e Freamunde, as vilas de Frazão e Carvalhosa, e as aldeas de Ferreira e Seroa.

Flag of Portugal.svg Freguesias de Paços de Ferreira
Mapa do Concelho de Paços de Ferreira.jpg
Escudo Freguesia Poboación (2011) Área
PFR-arreigada.png
Arreigada 1 999 hab. 2,16 km²
PFR-carvalhosa.png
Carvalhosa 4 583 hab. 5,97 km²
PFR-codessos.png
Codessos 1 011 hab. 2,10 km²
PFR-eiriz.png
Eiriz 2 303 hab. 4,86 km²
PFR-ferreira.png
Ferreira 4 341 hab. 5,89 km²
Coats of arms of None.svg
Figueiró 2 496 hab. 2,67 km²
PFR-frazao.png
Frazão 4 264 hab. 5,35 km²
Junta Freguesia Freamunde Brasao.png
Freamunde 7 789 hab. 4,68 km²
Escudo Freguesia Poboación (2011) Área
Coats of arms of None.svg
Lamoso 1 613 hab. 3,02 km²
PFR-meixomil.png
Meixomil 3 676 hab. 4,31 km²
Coats of arms of None.svg
Modelos 1 594 hab. 2,45 km²
Coats of arms of None.svg
Paços de Ferreira 7 491 hab. 4,99 km²
PFR-penamaior.png
Penamaior 3 819 hab. 7,91 km²
PFR-raimonda.png
Raimonda 2 576 hab. 3,81 km²
Coats of arms of None.svg
Sanfins de Ferreira 3 139 hab. 6,53 km²
Coats of arms of None.svg
Seroa 3 646 hab. 6,05 km²

Historia[editar | editar a fonte]

Ata as revolucións liberais do inicio do século XIX, formou parte do Couto de Ferreira. O actual concello existe dende 6 de novembro de 1836, e a antiga vila de Paços de Ferreira ten a categoría de cidade dende 20 de maio de 1993.

Economía[editar | editar a fonte]

Paços de Ferreira é coñecido como a "Capital do Móvel" (Capital dos Mobles) xa que a súa industria de fabricación de mobles é a que máis produce en Portugal e unha das máis importantes de Europa. As estradas do concello, coas súas centenas de tendas de mobles, son consideradas a maior mostra de mobiliario de toda a Europa.

Deporte[editar | editar a fonte]

Na cidade pacense xoga o club de fútbol FC Paços de Ferreira, que participou unha vez na Liga de Campións da UEFA e tres veces na UEFA Europa League, e foi tamén finalista da Taça de Portugal e da Taça da Liga de Portugal.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Citania de Sanfins (Núcleo familiar reconstituído).

O Dolmen de Lamoso foi declarado Inmóbel de Interese Público o 24 de xaneiro de 1967. O Penedo das Ninfas, en Sanfins de Ferreira, foi declarado IIP o 17 de abril de 1953. A Citânia de Sanfins, un dos maiores e máis importantes castros do noroeste peninsular, foi declarado Monumento Nacional o 20 de agosto de 1946.

O Mosteiro de Ferreira, de estilo románico, foi declarado Monumento Nacional o 3 de febreiro de 1928. O Pelourinho de Paços de Ferreira foi declarado IIP o 11 de outubro de 1933. Outro patrimonio destacable do concello é a Casa da Praça, a capela de San Francisco (Freamunde) e o cruzeiro de Eiriz.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]