Aldo van Eyck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aldo van Eyck
Aldo van Eyck 1970.jpg
Nacemento16 de marzo de 1918
Lugar de nacementoDriebergen
Falecemento14 de xaneiro de 1999
Lugar de falecementoÁmsterdam
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Alma máterETH Zürich e Sidcot School
Ocupaciónarquitecto e profesor universitario
PaiPieter Nicolaas van Eyck
CónxuxeHannie van Eyck
Coñecido porsen etiquetar e Burgerweeshuis
PremiosMedalla de Ouro do RIBA, Wolf Prize in Architecture, Rotterdam-Maaskant Prize, Sikkens Prize, Sikkens Prize e Condecoração Austríaca de Ciência e Arte
editar datos en Wikidata ]
Van Eyck con Simon Vinkenoog

Aldo van Eyck nado en Driebergen o 16 de marzo de 1918 e finado en Loenen aan de Vecht o 14 de xaneiro de 1999, foi un arquitecto holandés considerado un pai do estruturalismo arquitectónico.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo do crítico e filósofo Pieter Nicolaas van Eyck. O seu irmán Robert Floris foi artista e restaurador de arte.

Van Eyck estudou primeiro na Real Academia de Belas Artes da Haia, e de 1938 a 1942 no Instituto Federal Suízo de Tecnoloxía de Zúric, onde entrou en contacto coa vangarda internacional. Traballou como empregado na oficina de desenvolvemento urbano da empresa de servizos públicos de Ámsterdam até que fundou o seu despacho de arquitectura en 1951. Foi un teórico e impulsor dos espazos intermedios e dos lugares públicos adicados a nenos, aos que consideraba a alegría das vilas e cidades. Entre 1947 e 1978 construíronse arredor de 730 parques infantís segundo os seus deseños en Ámsterdam, incluíndo os da urbanización de Jeruzalem.

En 1960 rematou o seu primeiro edificio importante, o Orfanato Municipal de Amsterdam. Considérase unha obra clave do estruturalismo, reformada en 2014 e catalogada como monumento histórico.[1] Seguiron outros edificios significativos da cidade.

Van Eyck foi editor da revista de arquitectura Forum de 1959 a 1963 e tivo unha grande influencia na arquitectura holandesa. Como cofundador do Team Ten, desempeñou un papel importante no Congreso Internacional de Arquitectura Moderna (CIAM). De 1966 a 1984 foi profesor na TU Delft.

Tamén estivo activo en Alemaña: en 1971 creou a galería Schmela, o primeiro edificio da RFA construído en estilo do estruturalismo. En 2013, dedicáronlle unha exposición a Aldo van Eyck en Renania.[2] En 1990 recibiu a Medalla de Ouro do RIBA e tamén a Condecoración de Honra de Austria para a Ciencia e a Arte.

A partir de 1982 van Eyck traballou xunto coa súa muller Hannie e proxectaron, entre outras cousas, os edificios de oficinas da Axencia Espacial Europea en Noordwijk e o edificio de Trípoli en Amsterdam.

Edificios[editar | editar a fonte]

Sitúa tódalas coordenadas usando OSM
Descargar coordenadas como: KML · GPX
  • 1957 - 1960: Orfanato Municipal en Amsterdam
  • 1965 – 1966: Sculpture Pavilion, exposición Sonsbeek en Arnhem (demolida despois da exposición)
  • 1968 - 1970: Igrexa Católica na Haia
  • 1968, 1974, remodelación casa Martin Visser en Bergeijk
  • 1971: Edificio residencial e galería de Galerie Schmela en Düsseldorf
  • 1975 - 1979: Hubertusheim en Amsterdam
  • 1984 – 1989: edificio de oficinas para ESTEC en Noordwijk
  • 1990 – 1994: complexo de Trípoli en Ámsterdam,[3]
  • 1997: Novo edificio para o Tribunal de Contas da Haia

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. db-Metamorphose Bürolandschaft statt Waisenhaus
  2. Link zur Aldo van Eyck-Ausstellung "Das Kind, die Stadt und die Kunst in der Kunstsammlung NRW Arquivado 07 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
  3. Heemschut Amsterdam vraagt monumentenstatus voor Tripolis van Van Eyck

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]