Martinus van Marum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martinus van Marum
Retrato de Martinus van Marum (c. 1826, Charles Howard Hodges).
Datos persoais
Nacemento20 de marzo de 1750
LugarDelft, Condado de Holanda
Falecemento26 de decembro de 1837
(87 anos)
LugarHaarlem, Reino Unido dos Países Baixos
Nacionalidadeneelandés
Actividade
CampoFísica, química e medicina
Alma máterUniversidade de Groningen
Director de tesePetrus Camper
Contribucións e premios
Coñecido porXerador electrostático de Van Marum
Descubrimento do ozono
Influído porPetrus Camper
Joseph Priestley
Antoine Laurent Lavoisier
Barthélemy Faujas de Saint-Fond
Premiosmembro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Martinus van Marum, nado en Delft, o 20 de marzo de 1750 e finado en Haarlem o 26 de decembro de 1837, foi un científico holandés que traballou en diferentes campos, entre os que destacan a medicina, a botánica, a xeoloxía, a química e a paleontoloxía. Porén, as súas maiores achegas foron no eido da física, e en particular na electricidade. É coñecido por desenvolver o gran xerador electroestático que leva o seu nome, aínda exposto no Museo Teyler, do cal foi director. Movido polas influencies da Ilustración e os acontecementos da Revolución Francesa,[1] levou a cabo unha gran cantidade de experimentos con el, e tamén descubriu o ozono ó xerar faíscas eléctricas no ar. Martinus van Marum posuía un vasto xardín botánico particular con multitude de plantas exóticas e contribuíu a estender a nova química de Antoine Laurent Lavoisier alén dos países francófonos.

Entre 1776 e 1780 practicou a medicina en Haarlem, onde tamén deu clases de filosofía e matemática na súa propia casa.[2][3] En 1776 foi nomeado membro da Sociedade de Ciencias e Humanidades de Holanda (Hollandsche Maatschappij der Wetenschappen) e a partir do 21 de maio de 1777 presidiu o gabinete de historia natural desa entidade.[4]

Foi membro dun total de 37 sociedades científicas[5] e mantivo correspondencia cos homes máis influentes da súa época, como Benjamin Franklin, Henry Cavendish, Johann Wolfgang von Goethe, Antoine Laurent Lavoisier, Carl von Linné, John Dalton, Charles Hutton, Luigi Galvani ou Alessandro Volta, entre outros.[6] É considerado unha figura chave da ciencia neerlandesa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hosselet 1988, p. iii
  2. Clark 1999, p. 381
  3. Hosselet 1988, p. 3
  4. Complete Dictionary of Scientific Biography (2008). «Marum, Martin (Martinus) Van»
  5. Van Berkel, Van Helden & Palm 1999, p. 520
  6. Van Marum 1969, pp. 361-375

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]