Marsilea minuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marsilea minuta

Marsilea minuta
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Familia: Marsileaceae
Xénero: Marsilea
Especie: M. minuta
Nome binomial
Marsilea minuta
L., 1771
Área de distribución natural de Marsilea minuta.
Área de distribución natural de Marsilea minuta.

Área de distribución natural de Marsilea minuta.
Subespecies e Variedades
Véxase o texto
Sinonimia[4]

Marsilea minuta é unha especie de pteridófita da clase das polipodiópsidas, orde das salviniais, e familia das marsileáceas, unha das integradas no xénero Marsilea.[6]

Cómpre non confundila con Marsilea minuta E.Fourn. 1880, que é un sinónimo de Marsilea vestita.[7]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1771 por Linneo na páxina 308 do volume II da súa obra Mantissa Plantarum, unha adición a Species Plantarum.[4][8]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense unha subespecie:[8]

  • Marsilea minuta subsp. brachycarpa (A.Braun) Bhardwaja

Variedades[editar | editar a fonte]

Ademais, tamén se recoñenen as variedades seguintes:[8]

  • Marsilea minuta var. indica K.M.Gupta
  • Marsilea minuta var. major Haines
  • Marsilea minuta var. minuta L.

Características[editar | editar a fonte]

Marsilea minuta ten unha aparencia moi variábel, polo que a miúdo leva á confusión con especies moi relacionadas. Na auga a planta está estendéndose, arrastrándose, mentres que en terra pode aparecer como unha almofada. Normalmente é perenne pero ás veces é anual. É un tenagófito, é dicir, o xuvenil crece mergullado e o adulto é tipicamente terrestre.[3]

O seu rizoma é de cor marrón claro a verde, e ten un grosor de 0,4 a 0,8 mm, con pelos curtos de cor marrón nos extremos e raíces internodais. As follas terrestres están erectas, con pecíolos de 5 a 13 cm de lonxitude. Os folíolos miden de 0,8 a 1,7 cm por de 1,2a 2 cm, e son principalmente glabros, cuneados ou flabelados.
As follas da auga normalmente non flotan, senón que emerxen. As follas fértiles están en terra, con até catro esporocarpos cada unha con pedúnculos situados preto da base do pecíolo.[7] Os esporocarpos son pequenos, de 2,6 a 4,1 mm de longo, de 2,4 a 3,1 milímetros de largo e de 1,3 a 1,7 mm de grosor.[7][9]

Hábitat e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Marsilea minuta pode encotrarse desde o nivel do mar até os 1 950 m de altitude,[1] en lagoas e outras augas pouco profundas.[10] Pode crecer en auga doce ou salobre e en terras arxilosas ou areosas. A planta pode formar grandes colonias e pode presentar aparencia herbácea. Algúns dos seus hábitats preferidos estanse a perder por mor da agricultura, pero a debido a que medra facilmente nos campos de arroz, cunetas de drenaxe e outras áreas marxinais, a súa poboación global é estábel.[7][9] Ten o potencial de ser unha especie invasora, polo que a súa dispersión a través do comercio de acuarios e outros medios humanos debe ser limitada.[11]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Crese que M. minuta está moi relacionada con Marsilea quadrifolia.[7] Análises de filoxenia molecular do xénero Marsilea sitúan a ambas as especies nun subgrupo estendido polo Vello Mundo, tamén chamado "Marsilea", xunto con M. angustifolia, M. drummondii, M. crenata e M. fadeniana, e indican que M. crenata é realmente un sinónimo de M. minuta.[11][12]

Cladograma[editar | editar a fonte]

Marsilea subgroup

M. angustifolia

M. drummondii

complexo M. minuta‑M. crenata‑M. fadeniana

M. crenata Indonesia

M. crenata Tailandia

M. minuta India

M. minuta Myanmar

M. minuta África

M. fadeniana

M. quadrifolia

Usos[editar | editar a fonte]

Este fento cómese na India, Sri Lanka,[13] e en Bangladesh.[14] Na China úsase como forraxe.[10] Ten un contido de proteínas do 3,3 %.[13]

A planta úsase na medicina tradicional chinesa para tratar o edema, as lesións da pel, as mordeduras de serpes e as inflamacións.[10] No distrito de Mymensingh (Bangladesh) úsase na medicina tradicional para tratar a tose, a dor de cabeza, a hipertensión arterial, os trastornos do sono e as enfermidades respiratorias.[14] Combínase con Nardostachys jatamansi (planta da familia das caprifoliáceas) e, despois do desenvolvemento feito pola botánica e farmacéutica india Asima Chatterjee,[15] vendeuse como tratamento ayurvédico para a epilepsia, medicamento chamado "Ayush-56".[16] Porén, o Ayush-56 non mostra bos resultados no tratamento da enfermidade.[17] Tamén se usa como fitorremediador do arsénico cando medra con plantas de arroz.[18][19]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Beentje, H. J. (2017): Marsilea minuta na Lista vermella da UICN. Consultada o 9 de marzo de 2021.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 2,24 2,25 2,26 2,27 2,28 2,29 2,30 2,31 2,32 Marsilea minuta L. in GBIF Secretariat (2016). GBIF Backbone Taxonomy. Checklist Dataset https://doi.org/10.15468/39omei https://www.gbif.org/species/5274876 consultado via GBIF.org o 9 de marzo de 2021.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Cook, Christopher D. K. (28 March 1996). "Cyperaceae". Aquatic and Wetland Plants of India: a reference book and identification manual for the vascular plants found in permanent or seasonal fresh water in the subcontinent of India south of the Himalayas (en English). New York, NY: Oxford University Press. p. 105. ISBN 978-0-1985-4821-8. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 "Marsilea minuta L. — The Plant List". The Plant List (en inglés). 2012. Consultado o 9 se marzo de 2021. 
  5. Marsilea minuta L. in GBIF Secretariat (2016). GBIF Backbone Taxonomy. Checklist Dataset https://doi.org/10.15468/39omei consultado via GBIF.org o 9 de marzo de 2021
  6. Marsilea L. no GBIF. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Johnson, David M. (25 de xuño de 1986). Systematics of the New World Species of Marsilea (Marsileaceae). Systematic Botany Monographs (en English) 11 (Ann Arbor, MI: The American Society of Plant Taxonomists). pp. 39–40, 51, 63. ISBN 978-0-9128-6111-1. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Marsilea minuta L., 1771 no GBIF. Consultado o o 26 de febreiro de 2021.
  9. 9,0 9,1 Schelpe, E. A. C. L. E. (1970). "eFloras Results For Marsilea minuta". Flora Zambesiaca (en inglés). Royal Botanic Gardens, Kew. Consultado o 9 de marzo de 2021. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Lin, Y. X. & Johnson, D. M. (6 de xuño de 2013). En Wu, Z. Y.; Raven, P. H. & Hong, D. Y., eds. "Marsileaceae". Flora of China. 2–3: 123–124. Consultado o 9 de marzo de 2021.
  11. 11,0 11,1 "Marsilea minuta (pepperwort)". Invasive Species Compendium. Wallingford, UK: CAB International. 15 de maio de 2008. Consultado o 9 de marzo de 2021.
  12. Nagalingum, Nathalie S.; Schneider, Harald & Pryer, Kathleen M. (2007): "Molecular Phylogenetic Relationships and Morphological Evolution in the Heterosporous Fern Genus Marsilea". Systematic Botany. 32 (1): 16–25.
  13. 13,0 13,1 Terra, G. J. A. (1966). "IIID Ferns and Related Plants". Tropical vegetables: vegetable growing in the tropics and subtropics especially of indigenous vegetables. Communication (en inglés) 54e (1st ed.). Amsterdam: Koninklijk Instituut voor de Tropen. p. 57. Marsilea minuta L. (Marsileaceae) I Ce (3,3 %) 
  14. 14,0 14,1 Sarker, Sujan Kumer & Hossain, A. B. M. Enayet (2009): "Pteridophytes of Greater Mymensingh District of Bangladesh used as Vegetables and Medicines". Bangladesh Journal of Plant Taxonomy 16 (1): 54.
  15. Basak, Swati (Maio de 2015). "Women, Science, Education And Empowerment: Asima Chatterjee, The Genius Lady" (PDF). IMPACT: International Journal of Research in Humanities, Arts and Literature 3 (5): 133–138. 
  16. Krishnamoorthy, Ennapadam S.; Shorvon, Simon; Schachter, Steven & Misra, Vivek, eds. (2017): "34 Ayurveda and Yoga in the Management of Epilepsy". Epilepsy: A Global Approach. Cambridge University Press. p. 160. ISBN 978-1-1082-3215-9.
  17. Tripathi, M.; Maheshwari, M. C.; Jain, S. & Padma, M. V. (2000): "Ayurvedic Medicine and Epilepsy". Neurology Journal of Southeast Asia 5: 1–4.
  18. Hassi, Ummehani; Hossain, Md. Tawhid; Huq, S. M. Imamul (2017-10-10). "Mitigating arsenic contamination in rice plants with an aquatic fern, Marsilea minuta". Environmental Monitoring and Assessment (en inglés) 189 (11): 550. 
  19. Hassi, U.; Hossain, M. T.; Huq, S. M. I. (2018-07-08). "Nitrogen, phosphorus and potassium status of rice co-planted with a novel phytoremediator, Marsilea minuta L.". Bangladesh Journal of Agricultural Research 43 (2): 211–218. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]