Caprifoliáceas
Caprifoliáceas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cadrifollo de xardín (Lonicera caprifolium) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Véase texto | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
As caprifoliáceas[2] (Caprifoliaceae) son unha familia de plantas dicotiledóneas arbustivas, de follas opostas, flores hermafroditas e froito en drupa ou baga, pertencente á orde Dipsacales.[3] A esta familia pertencen rubideiras como o cadrifollo e todas as demais madreselvas, por isto tamén se coñece como a familia das madreselvas. Este clado agrupa unhas 380 especies, en 10 xéneros, cunha extensa área de distribución; centros de diversidade atópanse no Leste de América do Norte e Leste de Asia, mentres que se atopan ausentes no África tropical e no Sur deste continente.
Descrición
[editar | editar a fonte]Estas plantas son na súa maioría arbustos e parras, raramente herbas, incluíndo algunhas plantas ornamentais de xardín en rexións tépedas. As follas son maiormente opostas sen estípulas, e poden ser ou perennifolios ou caducifolios. As flores son tubulares con forma de funil ou semellantes a campás, normalmente con cinco lobos voltos cara a fóra, e case sempre con recendo. Normalmente forman un pequeno cáliz de brácteas miúdas. O froito é na maioría dos casos unha baga ou unha drupa. Os xéneros, Diervilla e Weigela, teñen froitos en cápsula.
Taxonomía
[editar | editar a fonte](cun número aproximado de especies).
A maior parte do debate sobre a taxonomía deste grupo quedou liquidado.
A taxonomía evolutiva deste grupo inclúe
Diervilloideae
- Heptacodium (flor dos sete fillos): 1 especie
- Leycesteria: 6 especies
- Lonicera (madreselva, cadrifollo): 180 especies
- Symphoricarpos (Bagas da neve): 17 especies
- Triosteum: 6 especies
Linnaeoideae
- Abelia : 30 especies
- Dipelta: 4 especies
- Kolkwitzia (arbusto belo): 1 especies
- Linnaea: (flor xemelga): 1 especies
Morinoideae
Dipsacoideae
Triplostegioideae
Valerianoideae
Non durarán durante moito tempo incluídas en Caprifoliaceae
(consideradas por algúns autores como pertencentes a unha familia á parte Adoxaceae /Alseuosmiaceae)
- Alseuosmia: 8 especies
- Memecylanthus: 1 especies
- Periomphale: 2 especies
(consideradas por algúns autores como pertencentes a unha familia á parte Adoxaceae /Carlemanniaceae)
- Carlemannia: 3 especies
- Silvianthus: 2 especies.
Usos
[editar | editar a fonte]As plantas pertencentes a esta familia son normalmente plantas ornamentais rubideiras, arbustos moi populares nos xardíns, especialmente Lonicera. Unhas poucas chegaron a ser plantas invasoras fóra das súas áreas nativas de distribución (tal como é o caso de Lonicera japonica).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Base de Datos en Línea]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/family.pl?211 Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (22 de outubro de 2013)
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caprifoliáceas.
- ↑ «An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III.» (pdf).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Flowering Plants of the World, 1987, Vernon H. Heywood, Andromeda Oxford Ltd., ISBN 90-5210-165-5
- Botánica, Gordon Cheers, Random House Australia, ISBN 3-8290-1953-X