Asima Chatterjee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAsima Chatterjee

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(bn) অসীমা চট্টোপাধ্যায় Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Calcuta (Raj Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 2006 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Calcuta, India Editar o valor em Wikidata
Membro do Rajya Sabha
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Calcuta
Scottish Church College (en) Traducir
Lady Brabourne College (en) Traducir
University College of Science, Technology & Agriculture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica , botánica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Calcuta Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresSatyendra Nath Bose Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Mookerjee-1


Asima Chatterjee ( bengalí: অসীমা চট্টোপাধ্যায় :), nada o 23 de setembro de 1917 en Bengala[1] e finada o 22 de novembro de 2006, foi unha botánica e farmacéutica india destacada polo seu traballo nos campos da química orgánica e da fitomedicina. [2] Destacan os seus estudos sobre alcaloides da vinca, e o desenvolvemento de fármacos antiepilépticos e antipalúdicos. Tamén foi autora dun considerable volume de textos sobre plantas medicinais do subcontinente indio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida temperá[editar | editar a fonte]

Asima Chatterjee foi unha estudante excelente, creceu en Calcuta, asistindo ao sistema escolar local, e máis tarde matriculouse no Scottish Church College da Universidade de Calcuta, graduándose con honores en química en 1936.[3] [4]

Traballo académico[editar | editar a fonte]

En 1938, obtivo un máster en química orgánica na Universidade de Calcuta, onde se doutorou en 1944. A súa tese de defensa centrouse na química dos produtos vexetais e na química orgánica sintética. Entre os seus instrutores notables nese momento estaban Prafulla Chandra Roy e Satyendra Nath Bose . Ademais, tamén gañou experiencia como visitante das Universidades de Wisconsin, Madison e California Institute of Technology (Caltech).

Os seus estudos centrados na química dos produtos naturais, deu como resultado a obtención de anticonvulsivos, antipalúdicos e fármacos de quimioterapia.

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1940, uniuse ao "Lady Brabourne College", da Universidade de Calcuta, como directora fundadora do Departamento de Química. En 1944, Chatterjee foi a primeira muller en recibir un doutoramento en ciencias por unha universidade india. En 1954, Asima Chatterjee uniuse á Facultade de Ciencias da Universidade de Calcuta, como profesora de química pura. En 1962, Chatterjee foi nomeada para a prestixiosa Facultade de Química Khaira da Universidade de Calcuta, cargo que ocupou ata 1982.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Segunda muller despois de Janaki Ammal en obter un doutoramento en ciencias nunha universidade india, a Universidade de Calcuta en 1944.
  • En 1960, elixida para a Academia Nacional de Ciencias da India, Nova Delhi.
  • En 1961, recibiu o Shanti Swarup Bhatnagar en ciencias químicas, converténdose na primeira muller en recibir ese premio .
  • En 1975, foi a primeira científica elixida como Presidenta Xeral da Asociación de Congresos Científicos da India.
  • Nomeada pola Presidencia da India como membro do Rajya Sabha de 1982 a 1990.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mention of the maiden name
  2. The Shaping of Indian Science. p. 1036.
  3. Some Alumni of Scottish Church College in 175th Year Commemoration Volume Scottish Church College, 2008, p. 584
  4. "Chemistry alumni of Scottish Church College". Archived from the original on 06 de abril de 2009. Consultado o 19 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]