Marsilea angustifolia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marsilea minuta é unha especie de pteridófita da clase das polipodiópsidas, orde das salviniais, e familia das marsileáceas, unha das integradas no xénero Marsilea.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1810 polo médico e botánico escocés Robert Brown, nun traballo publicado en Prodr. Fl. Nov. Holl. 167.[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu protónimo creado por Brown, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Zalusianskya angustifolia (R.Br.) Kuntze
  • Zaluzianskia angustifolia (R.Br.) Kuntze

Características[editar | editar a fonte]

Marsilea angustifolia, propia de Australia,[2] é un fento de frondes pequenas e estreitas, moi estendida nas augas interiores pouco profundas e no barro seco, e en campos de cultivo de arroz. É moi semallante a Marsilea minuta da que non se pode distinguir claramente.[3]

Pode alcanzar de 5 a 10 cm de altura, e de 2 a 5 cm de ancho.[4]

Este fento, aínda que non moi frecuentemente, cultívase como ornamental en acuarios. As frondes mergulladas son algo máis longas que as aéreas. O seu pequeno tamaño faina axeitada para pequenos recipientes.[3][5]

Nos acuarios neceista auga a unha temperatura de entre os 20 e os 28 °C, e cun pH de 6 a 7,5.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marsilea L. no GBIF. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Marsilea angustifolia R.Br. no GBIF. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  3. 3,0 3,1 Marsilea angustifolia in-vitro - Planta de acuario vivo (en castelán).
  4. 4,0 4,1 Marsilea angustifolia en aquaorinoco.com (en inglés).
  5. Marsilea angustifolia en aquasabi.com (en inglés).