Marsilea drummondii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marsilea drummondii

Marsilea drummondii
Fronde e brote novo en báculo de bispo
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Familia: Marsileaceae
Xénero: Marsilea
Especie: M. drummondii
Nome binomial
Marsilea drummondii
A.Braun, 1852
Área de dispersión de Marsilea drummondii
Área de dispersión de Marsilea drummondii

Área de dispersión de Marsilea drummondii
Sinonimia
Véxase o texto

Marsilea minuta é unha especie de pteridófita da clase das polipodiópsidas, orde das salviniais, e familia das marsileáceas, unha das integradas no xénero Marsilea.[1]

É un fieito orixinario de Australia, onde está moi estendido e é moi común, e se coñece co nome vulgar de nardoo.[2] É unha das seis especies do xénero Marsilea endémicas deste país.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1852 polo botánico alemán Alexander Braun, nun traballo publicado en Linnaea 25: 72.[4][5]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para e do xénero, véxase Marsilea.

O epíteto específico, drummondii, e unha homenaxe que lle fixo Braun ao botánico escocés James Drumonnd.[3]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu protónimo creado por Braun, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4][5]

  • Marsilea drummondii var. elata (A.Braun) A.Braun
  • Marsilea drummondii var. hirsutissima (A.Braun) Domin
  • Marsilea drummondii var. howittiana (A.Braun) Domin
  • Marsilea drummondii var. macra A.Braun
  • Marsilea drummondii f. macra (A.Braun) Domin
  • Marsilea drummondii var. megalophylla A.Braun
  • Marsilea drummondii var. minor A.Braun
  • Marsilea drummondii var. muelleri (A.Braun) Baker
  • Marsilea drummondii var. nardu (A.Braun) Domin
  • Marsilea drummondii var. orientalis A.Braun
  • Marsilea drummondii var. oxaloides (A.Braun) Domin
  • Marsilea drummondii var. salvatrix (Hanst.) A.Braun
  • Marsilea drummondii var. sericea (A.Braun) Domin
  • Marsilea elata A.Braun
  • Marsilea hirsutissima A.Braun
  • Marsilea howittiana A.Braun
  • Marsilea macra A.Braun
  • Marsilea macropus Hook.
  • Marsilea muelleri A.Braun
  • Marsilea nardu A.Braun
  • Marsilea nardu var. megalophylla (A.Braun) A.Braun
  • Marsilea oxaloides A.Braun
  • Marsilea salvatrix Hanst.
  • Marsilea sericea A.Braun
  • Zaluzianskia drummondii (A.Braun) Kuntze
  • Zaluzianskia macropus (Hook.) Kuntze

Características[editar | editar a fonte]

Marsilea drummondii é un fieto acuático perenne, que enraiza en substratos lamacentos e forman camas de herbas ou alfombras flotantes na superficie de tranquilas masas de auga. Estas poden chegar até un metro de profundidade.[6]

A especie é moi común en Australia, onde crece en abundancia despois das inundacións.[7] Pode formar alfombras na superficie da auga, que cubren o chan cando as augas desaparecen. Atópase en moitos tipos de hábitats húmidos. Normalmente a fronde consta de dous pares de folíolos e está ergueita cando non flota.

A planta produce esporocarpos que poden permaneceren viábeis durante 50 anos, e só liberan as esporas despois de estaren ben empapados en auga. Os esporocarpos son dispersados ​​por aves, que os comen pero non poden dixerilos, e pola auga que flúe.[6] Os esporocarpos utilízanos como alimento os aborixes australianos, que os recollen, asan e moen en po que mesturan con auga para formar unha masa.[8][6][9][10]

Unha planta tóxica[editar | editar a fonte]

O esporocarpo de Marsilea drummondii pode ser tóxico para o ser humano e o gando, debido a aos altos niveis que contén de tiaminase, (enzima que intervén na degradación da tiamina, ou vitamina B1) e aos glicósidos norsesquiterpénicos.[2][11]

O consumo de grandes cantidades pode causar beriberi. Sábese que envelena ás ovellas,[12] e tamén aos humanos, incluídos os líderes da expedición de Burke e Wills.[13]

O nardoo debe prepararse correctamente usando calor antes do seu consumo para destruír a tiaminase.[8]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marsilea L. no GBIF. Consultado o 14 de marzo de 2021.
  2. 2,0 2,1 Harford, Tim (4 de setembro de 2019). "How do people learn to cook a poisonous plant safely?". BBC News. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Brydon, Naomi (2004). Australian National Botanic Gardens, ed. "Marsilea drummondii - common nardoo". Growing Native Plants. Consultado o 14 de marzo de 2021. .
  4. 4,0 4,1 Marsilea drummondii A.Braun no GBIF. Consultado o 14 de marzo de 2021.
  5. 5,0 5,1 Marsilea drummondii A.Braun en Plants of the World Online. The Royal Botanic Gardens, Kew.Consultado o 14 de marzo de 2021.
  6. 6,0 6,1 6,2 Marsilea drummondii no CSIRO. Australian National Botanical Gardens (ANBG). Consultado o 14 de marzo de 2021.
  7. Nardoo, the desert fern (O nardoo, fieito do deserto) en ABC Science. Consultado o 14 de marzo de 2021.
  8. 8,0 8,1 Thomas, Abbie (8 de marzo de 2007). "Nardoo, the desert fern". www.abc.net.au. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  9. Perumal, G. (2010). Ethnomedicinal use of pteridophyte from Kolli Hills, Namakkal District, Tamil Nadu, India. Arquivado 16-03-2012 en Wayback Machine. Ethnobotanical Leaflets 14: 161.
  10. Marsilea drummondii. Arquivado 25-02-2011 en Wayback Machine. Botanic Gardens Trust, Sydney.
  11. Marsilea drumondii en Australian weeds and livestock, Mangrove Mountain Computer Club, 2008. Consultado o 14 de marzo de 2021.
  12. Thiaminase. Cornell Dept. Animal Science.
  13. Earl, J. W. and B. V. McCleary. (1994). Mystery of the poisoned expedition. Nature 368 683–684.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliiografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]