Mario Canda
Nome orixinal | Mario Canda Pérez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1913 Ribadavia |
Morte | 1936 Ribadavia |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, poeta |
Xénero artístico | poesía |
Familia | |
Pai | Emilio Canda Adán |
Irmáns | Emilio Canda Pérez |
Mario Canda Pérez, nado en Ribadavia en 1913 e finado na mesma localidade a principios de febreiro de 1936[1], foi un xornalista e poeta galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo do escritor e publicista Emilio Canda Adán e de Sofía Pérez Castro (e irmán do xornalista e escritor Emilio Canda Pérez). Colaborou nos periódicos Tramancazos, El Eco del Condado, El Compostelano, Noticiero del Avia, Ris-Ras, Faro de Vigo e El Soplete; foi redactor-xefe de La Cañiza. En 1928, en tempos da ditadura de Primo de Rivera, con quince anos de idade, o Noticiero del Avia (fundado polo pai) publícalle o libro de poemas Cantigas y Cantares, con prólogo, en lingua castelá, do presidente da RAG Eladio Rodríguez González (e portada de Xaime Prada) onde se atacan as correntes anovadoras de principios do século XX das que se desmarca o autor, inserido nas tendencias da literatura galega finisecular.[3][4][5]
“ | …Mario Canda escrebe con sinxeleza, con inxenuidade, e a súa expresión é balboante, como corresponde aos seus poucos anos. Algúns ensaios de polimetría revelan a inexperiencia do moi mozo versificador. Os seus temas son sentimentáis, sociáis e folklóricos". [sic] | ” |
— Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 565. ISBN 84-7154-227-7. |
Empregou o pseudónimo "4 ojos".[6]
Obras
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 6/2/1936, p. 10.
- ↑ Epistolario galego de Miguel de Unamuno CIRP. 2000.
- ↑ "Canda, Mario". Diccionario enciclopédico galego universal 12. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 92. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "Canda, Mario". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. p. 174.
- ↑ "Canda, Mario". Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo. 1999-2002. p. 338. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ "Mario Canda Pérez. Poeta e periodista" Asociación cultural Por un Ribeiro Poético, 1/3/2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Canda, Mario". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Canda, Mario". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 417.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 106. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- García, Xosé Lois: "Mario Canda, un poeta necesario" Arquivado 23 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Galicia Hoxe, 8/10/2013.