Emilio Canda Adán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Canda Adán
Emilio Canda Adán 1917.jpg
 A Lama
Falecementoabril de 1938
 Ribadavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
FillosEmilio Canda Pérez e Mario Canda
editar datos en Wikidata ]

Emilio Canda Adán, nado na Lama e finado en Ribadavia en abril de 1938[1], foi un xornalista, escritor e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nos Seminarios de Tui e Ourense. Foi fundador e director do Colexio Balmes de Vigo e despois creou outros en Fornelos de Montes e Ribadavia (1907). Como xornalista formou parte da redacción de El Criterio Gallego e colaborou en La Revista Popular e El Áncora de Pontevedra, El Lucense, Diario de Galicia e Aires d'a miña terra de Buenos Aires. Fundou e dirixiu Noticiero del Avia en Ribadavia entre 1910 e 1937, onde, segundo Carballo Calero, asinaba unha sección de contido satírico titulada "Paliques".

Obras[editar | editar a fonte]

Publicou en castelán as novelas Argentina (1895) e Luz y sombra (Cuentos y novelitas) (1901). En galego é autor de dous relatos que apareceron na Revista Gallega: "¡Olla...!" (1888) e "O señor Pedro" (1898).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Ribadavia con Sofía Pérez en 1898 e foi pai de Emilio e Mario Canda Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en Diario de Pontevedra, 19-4-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]