Saltar ao contido

Noticiero del Avia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Noticiero del Avia
Imaxe
 Título
Noticiero del Avia Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de comezo
15 de outubro de 1910 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
marzo de 1937 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
15 de outubro de 1910 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1910 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 157922
Wikidata

Noticiero del Avia foi un periódico editado en Ribadavia entre 1910 e 1937.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de Ribadavia, apareceu o 15 de outubro de 1910. Tiña periodicidade semanal, aparecendo os domingos, e contaba con catro páxinas. O seu fundador e director foi Emilio Canda Adán. Vencellado ao agrarismo católico a partir de 1929 cambiou o seu subtítulo por Órgano Oficial del Sindicato Católico Vitivinícola Comarcal del Ribeiro. Afecto ao deputado José Estévez Carrera. Entre os seus colaboradores figuraron Mario Canda, Manuel Casado Nieto, José Sobreira Fernández, Eugenio López Aydillo, Cesáreo Giráldez, Emilio Álvarez Falcón, Beatriz Sandoval, David Araújo Selas, Ramón Cadía, Marcial Rusell, J. G. Aguirre Ceballos e Manuel Guerra. Foi rival de El Ribadaviense. A súa tiraxe era de 500 exemplares en 1910 e 1500 en 1913, caendo a 600 en 1920 para chegar a 1200 en 1927. O último número coñecido é de marzo de 1937.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]