Saltar ao contido

El Soplete (Redondela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Soplete
 Título
El Soplete Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de comezo
8 de novembro de 1931 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
9 de abril de 1933 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1931 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 189824
Wikidata

El Soplete foi un semanario publicado en Redondela entre 1931 e 1933.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Semanario satírico que apareceu o 8 de novembro de 1931. O director e propietario era Amador Pérez Sousa. Entre os redactores figuraron Generoso Muíños Blanco, Antonio Criado, Luís Miguez Extremadouro e Antonio Extremadouro Otero; e entre os colaboradores, Fernando González Gómez, Manuel García Cabezas (co pseudónimo Goal), Fermín Feijoo Alfaya e José María Blanco Alfaya (co pseudónimo Blanal). O periódico combinou galego e castelán. Entre os autores que asinan en galego están Lamas Carvajal, Ernesto Padín Lorenzo, Avelino Cal Fernández, Fontenla e Lucio Fernández. Tamén incluíu contos e artigos de temática variada. Vinculouse presuntamente ao Partido Radical aínda que foi evolucionando a posturas próximas ao Partido Galeguista. O seu carácter é particularmente político, apoiando incondicionalmente á República, pero non sen certa crítica e apoiando tamén a autonomía de Galiza. Cesou a súa publicación co número 61, o 9 de abril de 1933.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]